Gema Buitrón e o Silex Arco Narón, segundos no Campionato de España de Clubes

29

O Silex Arco Narón composto por Gema Buitrón, Pili García, Cristina Maroñas, e a xove e prometedora naronesa Iria Grandal (que este ano foi campiona de España junior, segunda absoluta e 4º clasificada no Europeo Junior) disputaron esta fin de semana en Zaragoza a Fase Final do Campionato de España de Clubes para o que conseguiron brillantemente clasificarse tras as boas actuacións en Madrid e Lleida.
Para a Fase Final clasificouse o Sant Josep en Forma, Arkeras Corvera e Arqueras de Nini. Nas preliminares Sant Josep sumou 413 puntos, por 376 de Corvera, 375 de Nini e 373 de Silex Narón. Xa na rolda clasificatoria as ibicencas de Sant Josep lograron 619 puntos, Silex Narón con gran actuación de Iria e Gema lograron 532 clasificandose para a final, Nini 521 e Corvera 520.


Na final Sant Josep fixo honor a súa condición de favorito gañando por 201-177, mentres que o bronce foi para Corvera tras vencer 173 a 160 a Nini.
O equipo ibicenco estaba composto pola campionísima Magali Foulón, Miriam Alarcón, Isabel Colomar e … Beatriz Cabrero que para ledicia de todos volveu competir máis de un ano despois anque fora en condición de reserva.
En recurvo masculino gañou Sagitta Recurvo, en composto masculino Eivissa Patrimoni Humanitat e en Composto damas Informática Compuesto.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios