LIGA NACIONAL XUVENIL: CD AS PONTES – ED VAL MIÑOR (0-1)

88

O CD As Pontes xuvenil comezou a liga cunha derrota na casa diante do Val Miñor, de Nigrán, ó perder por 0-1. Ó descanso o marcador era de empate a cero goles. O partido estivo igualado con ocasións para os dous equipos, aínda que os locais mereceron mellor sorte neste primeiro choque da temporada. Un pouco máis de medio cento de espectadores no campo anexo do estadio do Poboado.
O partido decantaríase a prol dos visitantes no minuto 76 de xogo tras un saque de esquina que Totti, no seu intento de despexar, introduce o balón na súa portería.
Carballo, adestrador pontés, aliñou neste primeiro partido da temporada a Jualián, Manu, Palas, Totti, Abeás (Juan, 52), Guille, Tara (Xavi, 52), Kilian (Gogas, 75), Javi (Alí, 52), Chungui e Álex.
Na vindeira xornada o As Pontes visita ó Deportivo da Coruña B, equipo que na primeira xornada gañou en Chantada por un axustado 2-3.
aspontes_valminor_0001.jpg


aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
aspontes_valminor.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios