Nota de Prensa BNG: PP E PSOE IMPIDEN A APROBACIÓN DA PROPOSICIÓN DO BNG PARA QUE SE MODIFIQUE O DECRETO DO CARBÓN EN DEFENSA DA MINEIRÍA GALEGA

52

Jorquera lembrou que a Xunta dixo que recurriría este Decreto, sen esquecer que as alcaldías dos concellos afectados son do PSOE e puxeron o berro no ceo cando se enteiraron da nova norma, “agora teñen a oportunidade de defender os intereses de Galiza”
Madrid, 14 Setembro 2010. O PP e o PSOE foron os responsábeis de que o Congreso rexeitara este mediodía a proposición do portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que demandaba a modificación do Decreto do Carbón a fin de que se teña en conta a singularidade da minería galega, das centrais térmicas de As Pontes e Meirama, co futuro en perigo debido ao establecido no Decreto do Goberno.
Francisco Jorquera lamentou a actitude do PP e do PSOE que máis unha vez actúan en contra dos intereses de Galiza ao seguer os dictados establecidos polas súas sedes centrais. O resultado da votación foi: 3 votos a favor, 18 votos en contra e 17 abstencións. Os socialistas votaron en contra e os populares se abstiveron impedindo así a aprobación da iniciativa.


Jorquera apelou sen éxito ao PP e ao PSOE a apoiar a proposición e defender os intereses de Galiza
Jorquera amosouse sorprendido pola emenda presentada polo PP que en ningún momento plantexou a modificación do Decreto do Carbón, paso imprescindíbel para asegurar a viabilidade futura das centrais de As Pontes e Meirama. “Non podemos aceitar a emenda do PP porque obvia o principal que é a modificación do Decreto e só insta “a acións para que as consecuencias indesexadas que se poidan producir non se manifesten con toda a súa crudeza”. É dicer, o PP confórmase con que as consecuencias non se manifesten con toda a súa crudeza”, afirmou Jorquera. Ademáis, criticou que ao PP só lle preocupe resarcir a Endesa e Fenosa cando a preocupación debería ser o impacto laboral e económico nas comarcas de Ferrolterra, “iso é o que lle preocupa ao BNG”.
O parlamentar nacionalista apelou aos deputados do PSOE e do PP, sobre todo aos galegos, a respaldar a iniciativa do BNG. E lembrou que a Xunta dixo que recurriría este Decreto, sen esquecer que as alcaldías dos concellos afectados son do PSOE e puxeron o berro no ceo cando se enteiraron da nova norma. “Teñen a oportunidade de defender hoxe os intereses de Galiza”, aseverou Jorquera.
Oportunidade perdida de armonizar os intereses de todas as comarcas mineiras
Na súa intervención en defensa da proposición, o deputado do BNG aludiu aos argumentos empregados por un conselleiro, a proposta do PSOE, na Comisión Nacional da Enerxía, quen alertou que o desprazamentos do gas natural e o carbón importado polo carbón autóctono afectará á emisións dos gases invernadoiros. Ademáis, advertiu que o stock de carbón español debería ser para almacenaxe en caso de necesidade.
Jorquera deixou claro que “non negamos a necesidade de fomentar o desenvolvemento de comarcas mineiras doutras partes do Estado pero sen comprometer o desenvolvemento duna estratexia enerxética, económica e medioambientalmente sostíbel e asegurar a igualdade de trato, tendo en conta a singularidade das comarcas mineiras de As Pontes e Meirama”. O deputado nacionalista censurou que para resolver un problema de stock se vaia en contra dos intereses da mineiría galega.
Advertiu Jorquera que a propia Comisión Nacional da Competencia manifestou que a aplicación deste Decreto encarecerá o prezo da electricidade coa conseguinte repercusión nos consumidores. Ademáis, puntualizou, a decisión de priorizar o carbón autóctono entra en contradición cos planos de redución de emisións porque é altamente contaminante
E sobre todo, subliñou, afectará gravemente ás centrais térmicas de As Pontes e Meirama que apostaron pola utilización do carbón importado xa que é menos contaminante e é máis barato.
“Agora resulta que ven a súa actividade ameazada despois de teren realizado grandes investimentos para adaptar as súas instalacións ao carbón importado”. Advertiu que perigan uns 2.000 postos de traballo, “e non só postos directos tamén periga a actividade inducida como a dos portos exteriores de Ferrol e A Coruña”.
O deputado do BNG apelou á reflexión ao PP e ao PSOE a fin de armonizar todos os intereses da mineiría”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios