Día da Liberdade do Software

106

Mañá sábado ás 11.00 horas na Casa da Cultura do Concello de Mugardos, a Comunidade O Zulo, celebrará o Día da Liberdade do Software no marco do Ciberencontro Kernel 2010. Os actos consistirán en:
I. Presentación oficial da distribución do sistema operativo para computadores con poucos recursos, GALPon MiniNo 1.2. Desenvolvida polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon). A súa potencialidade e prestacións.
II. Obradoiro de instalación de GALPon MiniNo en computadores antigos, procedentes da renovación de equipos do Concello de Mugardos e que finalmente doará o Concello a asociacións e entidades sen afán de lucro.
III. Foro – debate “O FOSS, ‘software e cultura libre’ na sociedade do século XXI”, coa participación de representantes dos GULs (Grupo de usuarios de linux e software libre) de Galicia.
Máis información en www.comunidadeozulo.org
liberdade_software.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios