CERVICOL HONROU Á VIRXE DAS NEVES

45

A pequena aldea de Cervicol, na parroquia de Somede, celebrou o sábado 18 a súa festa patronal na honra da Nosa Señora das Neves. A pequena capela, situada preto do rego do Caxado, amosaba un aspecto diferente, pois lucía un novo lousado grazas a colaboración dos veciños, da parroquia e do concello de As Pontes. Unhas obras de restauración que os veciños queren continuar para que o vindeiro ano, con motivo da súa festa patronal, a ermida teña un novo aspecto, como así o expresaron Óscar Pita e Alberto Corral, promotores das obras de restauración e membros da comisión da festa.
A xornada festiva comezou coa chegada de numerosos romeiros e a preparación das súas merendas, para seguir coa misa na honra da Virxe das Neves, a tradicional procesión e unha animada sesión vermú coa música do grupo tradicional Os Suplentes e o Dúo Armonía, de Lugo, rematando coa verbena e a promesa de voltar o vindeiro ano.
cervicol_2010_0001.jpg


A NOSA SEÑORA DAS NEVES
É unha das advocacións marianas máis antigas. Data do século IV e está moi estendida en España, Italia, Portugal e Latinoamérica. É a patroa da illa da Palma, Sallent de Gállego (Huesca), Chinchilla de Montearagón (Albacete), Benacazón, localidade sevillana da que tamén é Alcaldesa Perpetua da vila, Rubí de Bracamonte (Valladolid), Olmeda del Rey (Cuenca), Blimea (Asturias) e dos concellos galegos da Capela e As Neves.
A orixe está atribuída á época do papa Liberio. O relato dí que un vello e rico matrimonio da nobreza de Roma, que non tiveran fillos e eran moi caritativos cos demais, solicitaron da Virxe para que os seus bens tiveran un mellor uso cristiá. A Virxe díxolles que onde sinalara ela debían construír un templo, e así na mañá do 5 de agosto o monte Esquilino de Roma apareceu nevado, polo que se interpretou que era o desexo da Virxe, polo que alí edificaron unha capela. Outras versións falan de que a Virxe aparecéuselle en soños ó matrimonio e ó papa anunciándolles a neve de agosto. Posteriormente a capela desapareceu e no 434 reconstruíse unha nova, sendo a actual basílica de Santa María a Maior.
A partir do ano mil comezou a espallarse a devoción a outros lugares. A lenda española relata a historia dun cura e un camiñante que estando, cada un pola súa conta, por Sierra Nevada no medio dunha forte nevarada perdéronse. Ós dous aparecéuselles a Virxe e indicoulles o camiño a seguir e salvounos dunha morte segura. No lugar levantouse unha ermida, a actual Vieja de Dílar, e dende aquela a Virxe das Neves é a patroa de Sierra Nevada.
Posiblemente a capela de Cervicol ten esta advocación debido a que é unha terra de nevadas intensas, pois está situada no medio de montañas con altitudes superiores ós 500 metros e con frecuentes nevaradas na época invernal. É unha sinxela construción rectangular, sen espadana e cunha pequena cruz na parte superior do lousado.
Cervicol, 18 de setembro de 2010 (AF)
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
cervicol_2010_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios