FOLIADA DE SETEMBRO 2010

96

Empezamos nova temporada de Foliadas no Lar (As Pontes). O vindeiro venres, día 24 de Setembro. Será a número 35 dende o seu comezo en Marzo do 2006. Esto non sería posible sen a colavoración de toda a xente que participa, tanto músicos, como o resto de asistentes, e tampouco chegaría ata aquí sen os seus patrocinadores: O Grupo de Empresa Endesa e a Cafetería Lar. Dende a organización graciñas a todos e a todas.
Argallado e organizado por os seguintes grupos de Música Tradicional das Pontes: Os Suplentes.Os Trevillas.Escola Municipal de Música e Baile Tradicional.Pandereteiras de Alende.Cana Vella.Axóuxere.Muxarega.No Cómbaro.Os Feroces da Galgueira.
Pois o venres 24 teremos de anfitrions de este mes o grupo local No Cómbaro coa súa “Música de Taberna” e de prato forte unha recente formación co nome de Espadana Gaiteiros pero con compoñentes históricos e de sobra coñecidos por todos.
FoliadaSetembro.jpg


35CartelFoliadaSetembro-10.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios