TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 BERGANTIÑOS 1

28

Reparto de puntos no encontro disputado hoxe no Campo do Poboado. Nunha primeira metade sen grandes ocasións dominou o equipo visitante, e no minuto 40, Schuster perde un balón e logo comete penalti, Kiko parallo a Erfren pero este marca tras o rexeite que lle cae nos pes. Felipe tivo unha ocasión no 45 que desbarata o ex xogador de Deportivo e da selección española sub16 David Yáñez. Nada máis comezar o segundo tempo puido marcar o Bergantiños tras un tiro de Pablo parado por Kiko e o posterior disparo de Josiño pasease por diante da portería saindo pegado ó pau. Respondeu Dani cun cabezazo no 48´ que a piques estivo de ser gol. Cerca do final (76´) Bossa lanzou unha falta ó poste, e no 81´ puido sentenciar os equipo de Carballo nun man a man entre Pablo e Kiko no que o gardarredes desvía a córner. No 86´ tras un saque de falta o balón queda morto na área, e aproveitao Schuster pra resarcirse e marcar pola escadra con suspense. O cadro azul conseguiu salvar un punto e o As Pontes é undécimo e a semana que ven visitará ó complicadísimo Alondras que vai terceiro e cun partido menos.
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg


CD AS PONTES 1. Kiko, Moncho, Juan, Rochela, Schuster, Piñeiro (David Amado 70), Iván, Pablo (Dani 45), Felipe, Bossa, Javi López (Carba 59).
BERGANTIÑOS 1. David Yáñez, Valencia, Ramón, Fiuza, Adrián, Madrigal, Iván Amor (Josiño 45), Manu, Efrén (Dani Becerra 85), Gonzalo (Moreira 45), Pablo.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 250 espectadores en tarde soleada pero fría.
Árbitro: Óscar Martínez Santos (Santiago). Auxiliado nas bandas por Raña Raña e Fernández Lodeiro. Amosou cartón amarelo a Moncho e Iván. No tramo final expulsou ó visitante Manu.
Goles: 0-1, minuto 40, Efren, 1-1, minuto 86, Schuster.
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
cdaspontes_bergantinos_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios