PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO(7-1)

106

O Esteo comezou a temporada cunha goleada sobre o Porto de Celeiro, de Viveiro. O resultado final foi de 7-1 a prol dos locais, que ó descanso xa gañaban por un claro 5-0. Un 150 espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
Cómoda e contundente vitoria do Esteo na primeira xornada de liga diante dun Porto de Celeiro que apenas creou perigo na portería de Javichu. Os locais foron superiores en tódalas facetas do xogo dominando claramente ós rivais, a pesar de que en moitas fases do partido o adestrador pontés deu entrada ós teoricamente suplentes, estando a un nivel de xogo.
O Esteo lidera o grupo con tres puntos, os mesmos que ten o ascendido Bembrive, conxunto que tamén gañou polo mesmo resultado na cancha do Cerdedo. Na vindeira xornada o Esteo xoga en Trabada.
O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO


O ESTEO FS: Javichu, Anxo, Noé, Diego, Rubi –cinco inicial- Santi, Gerardo, David, Roi, Pelu e Iván.
PORTO DE CELEIRO: Álvaro, Souca, Girón, David, Xoel –cinco inicial- Borja, David, Marco e Paleo.
ÁRBITROS: Fiaño López e Paz Fraga (A Coruña). Amoestaron a Noé, do Esteo.
GOLES: Min. 4 (1-0), Diego. Min. 11 (2-0), Gerardo. Min. 13 (3-0), Diego. Min. 16 (4-0), Diego. Min. 19 (5-0), Noé (dobre penalti). Min. 22 (6-0), Noé. Min. 27 (7-0), Pelu. Min. 28 (7-1), Borja.
O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO
O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO
O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO
O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO
O ESTEO FS – PORTO DE CELEIRO
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios