SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. SILLEDA 2 CD AS PONTES 2.

39

Empate do equipo feminino en Silleda ante o cadro local (2-2). As azuis comezaron en tromba con dous goles de Paula Chipy e Alba apenas transcorrido un cuarto de hora. Puideron aumentar a distancia con varias ocasións, algunhas moi claras, cun penalti fallado e un tiro ó longueiro de Carliña. No segundo tempo o cansancio do equipo visitante e a maior experiencia do cadro local conduciron ó empate. Non obstante resaltar o punto conseguido e a derrota mínina a pasada semana en Val do Ulla (2-1) neste inicio de temporada no que o conxunto feminino tivo a súa particular etapa de montaña rendindo visita ós dous gallitos da categorías descendidos de Primeira División. As notas positivas, o debut de Mireia Cabarcos (dará que falar) e a volta ós terreos de xogo tras lesión da gran Carlota. O peor, que Chipy e a Capitana se retiraron tocadas.
foto1.jpg


SILLEDA 2.
CD AS PONTES 2. Leti, Yaiza, Mireia, Jani, Silvia, Clara, Lara, Alba, Patri (Natalia 77), Chipy (Carlota 24) e Carliña (Andrea 61).
Goles: 0-1, Chipy, minuto 2, 0-2, Alba, minuto 14, 1-2, minuto 50, 2-2, minuto 75.
Árbitro: Suso González Vázquez.
Campo: Outeiriño
foto2.jpg
foto3.jpg
Nova cortesía de Emma Lamas e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios