CAMPIONATO GALEGO DE DOMINÓ: A PARELLA PARADA-PEPUCHO, DA CORUÑA, LOGROU O TÍTULO GALEGO

193

Esta fin de semana celebrouse en As Pontes a cuarta edición do Campionato Galego de Dominó, competición que estivo organizada pola Federación Galega de Dominó e o Club O Pito Doble de As Pontes, contando coa colaboración do Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña.
Ata As Pontes achegáronse xogadores procedentes de diversas localidades galegas, como Pontevedra, Chantada, Lalín, A Coruña, Ares e incluso do Principado de Asturias, como Oviedo e Gijón. O Club local, O Pito Doble, presentou a 25 das 66 parellas participantes.
As catro primeiras parellas clasificadas gañaron seis das sete partidas disputadas, obtendo a mellor puntuación Parada e Pepucho, da Coruña. En segundo lugar quedou Fernando e Juan, de Chantada; Manuel e Javier, de Ares, foron terceiros, mentres que Gerardo Orjales e Alfonso Villasuso, do Pito Doble, clasificáronse en cuarta posición. O Club pontés colocou a tres parellas entre as dez primeiras, os citados Orjales-Villasuso, que foron cuartos, Permuy-Pico, novenos e Casal-Martinez, quedaron en décima posición.
O campionato disputouse nunha carpa instalada diante da casa do concello e ó final do mesmo a concelleira de Cultura e Deportes, Eva Conde, fixo entrega dos galardóns ós premiados.
domino_0001.jpg


domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
domino_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios