O GOBERNO PONTÉS PECHASE NO CONCELLO

60

[RTVEume] Esta medida supón liderar unha iniciativa que amosa o rexeite do pobo de As Pontes ó decreto do carbón, á espera de coñecer as medidas compensatorias que se podan aplicar.
O alcalde de As Pontes, Valentín González, á fronte de todo o seu equipo de goberno, ven de comezar un peche no concello de As Pontes, para testemuñar o malestar existente na vila, logo da aprobación do decreto do carbón, que pode resultar lesivo para o futuro do município se non se artellan as medidas que palíen eses efectos sobre a produción enerxética do complexo de Endesa.
Mentres se mantén aberto o diálogo co Ministerio de Industria para demandar que se certifique o compromiso de manter o carácter estratéxico de As Pontes na produción enrxética para o conxunto do Estado, o o primeiro edil pontés decidía, xunto cos seus compañeiros e compañeiras do goberno local, pecharse no salón de plenos do concello xunto cos representantes dos transportistas, cos que se reunía onte á tarde.
Denantes, Valentín González, mantivera outra reunión cos representantes do tecido empresarial local, dos comerciantes, do comité de empresa de Endesa, e do propio colectivo dos transportistas, ós que manifestou a súa disponibilidade a poñerse á fronte de calquera medida que decidisen adoptar para sensibilizar á opinión pública da importancia que para a localidade ten asegurar a continuidade dun centro de produción enerxética eficiente e competitivo como é o pontés.


A tenente de alcalde, e voceira do goberno municipal pontés, Montserrat Garcia manifestaba que este encerro non é unha medida de presion.
“Máis que presion tratase de posicion. De posicionarnos ao carón, pero tamen á fronte dos nosos veciños. Compartimos a preocupación polo futuro deste pobo e aí imos estar, traballando dende todos os ámbitos por que se acade a garantía de continuidade do centro de produción eléctrica do municipio”.
O peche vaise manter ata o xoves, en que Valentín González se vai reunir en Madrid co Secretario de Estado de Industria Pedro Marín.
Montserrat García aclaraba que as negociacións nunca deixaron de darse, e que dende o Ministerio de Industria hai un compromiso firme de atender ás reivindicacións de As Pontes. “Sabemos que a chave esta en negociar, e acordar, e confiamos en chegar a unha solución que plasme nunha garantía definitiva. As presións precísanas os que non teñen a razon do seu lado. Nós contamos coa razon e imos levala coas esixencias que son xustas, e que non se pense ninguén que non imos estar ao lado dos veciños en calquera medida que supoña defender o futuro deste pobo ó que nos debemos por riba de calquera outra circunstancia”.
O peche desenvólvese no salón de plenos do concello, onde se invita a achegarse amosar o seu apoio a todos os colectivos locais, así como ós veciños que así o desexen con carácter particular.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios