Nota de Prensa BNG: O paro no Concello das Pontes increméntase moi por riba da media estatal e nacional

37

Os datos do mes de setembro, con 845 parados/as, reflicten que estamos ante o maior número de parados/as dos últimos cinco anos
As Pontes, 6 de setembro de 2010.- Namentres o incremento do paro a nivel estatal foi do 1,21% e a nivel galego do 2,16%, no caso de As Pontes esta porcentaxe elevouse ao 5%.
Porén, a relevancia do incremento do paro aínda é maior se comparamos este mes de setembro co mesmo mes do ano 2007, xa con Goberno Municipal do PSOE, pois neste tempo, o paro aumentou nas Pontes nun 49%.


Somos conscientes que estamos diante dunha importante crise económica, mais tamén é certo que as actitudes da Alcaldía con constantes anuncios sobre empresas, creación de emprego e fotos con diferentes Ministros de Industria, demostran que existiu unha compracencia total sobre o futuro industrial das Pontes, sen atender ás necesidades máis inmediatas.
Por exemplo, a falta de esixencia diante do Ministerio de Industria (tamén do Psoe) para que este faga os investimentos que lle corresponden do Plan do Carbón, na actualidade, por este concepto, adebeda ao noso Concello máis de 30 millóns de euros.
Mais este escenario negativo aínda pode empeorar coa aplicación do Decreto do Carbón, tamén responsabilidade do Psoe, onde agora o Alcalde xoga a criar confusión social, con peches que non saben o que se reivindica e concentración convocada logo de coñecer o anuncio dunha Manifestación da Plataforma contra o Decreto do Carbón.
Fica claro que, a labor da Alcaldía e do Psoe agora mesmo, é xerar confusión e narcotizar á opinión pública sobre os responsábeis desta situación, que non é outro que o Goberno de Zapatero. Manobras estas que son moi similares ás empregas no sector naval da nosa Comarca con consecuencias gravísimas para a nosa economía.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios