TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 ORDES SD 3

32

Nuns malos vinte primeiros minutos de indecisión da zaga e porteiro local, sentenciou o Ordes o encontro ó contragolpe con tres zarpazos, asi cando apenas se levaba xogado o minuto 21´ un gran Guillermo con dous e Alex Castro con un, daban practicamente os tres puntos ós visitantes. Rápidamente acurtou distancias o As Pontes no 23´ tras transformar Bossa un claro penalti de Rios sobre Iván. Antes do descanso o propio Iván puido lograr o segundo pero o seu bo disparo é despexado a corner por Rios en última instancia (28´). No 51´ da segunda metade os mesmos protagonistas e o mesmo final. Pero ahi volveu a entrar o As Pontes nuns minutos de desconcerto, nos que casi sentencia primeiro Toja (55´) e despois o Campión de Europa de Fútbol Praia e irmá do futbolista do Tenerife Julio, Javi Álvarez (62´). Aire fresco lle chegou ó As Pontes coa expulsión do visitante Miguel no 58´, e así, nun gol anulado dubidosamente a Felipe (66´) e un balón que se paseou pola área sen atopar rematador (67´) a piques están de recurtar distancias. O As Pontes seguiu buscando o segundo, pero entre as precipitacións, as presas, e un Ordes moi ben plantado e que non amosou para nada a súa clasificación na táboa ó final o marcador non se moveu e voaron tres importantes puntos do Poboado, para un As Pontes que deberá intentar sacar algo positivo na súa visita a Negreira o martes pra non quedar descolgado, máis tendo en conta que as dúas próximas visitas no Campo do Poboado serán nada máis nin nada menos que o Cerceda e o Ourense.
cdaspontes_01.jpg


1 As Pontes. Kiko, Moncho, Javi Lopez (Felipe 45´), Diego, Rochela (Schuster 72´), Dani, Iván González, David Vidal (David Amado 65´), Hugo, Bossa, Jordi.
3 Ordes. Rios, Jose Manuel, Guillermo (Miguel 30´), Javi Álvarez, Alex Castro, Toja (Regos 77), Cea, Manu, Ángel (Jesús 67´), Guti.
Goles: 0-1, Guillermo (5´), 0-2, Guillermo (17´), 0-3, Alex Castro (21´), 1-3, Bossa (23´)
Árbitro. Miñán Fernández (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Bascoy e Veiga. Amosou cartón amarelo a Ríos, Ángel, Diego, Moncho, Javi Álvarez e Alex Castro. Expulsou por dobre amarela ó visitante Miguel no 58´.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde fría e soleada. Gardouse un respetuoso minuto de silencio polo falecemento a semana pasada do directivo Manuel Pico Meizoso.
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios