TERCEIRA REXIONAL. AS PONTES 3 ESTRELLA DE NARÓN 0. O FILIAL PONTÉS SITUASE LÍDER.

46

O segundo equipo do As Pontes colleitou esta tarde un importante triunfo, o terceiro, tralo 3-1 ó Xuventude Cabanas, 5-0 ó Bertón, sumado ó empate en Monfero (0-0), sitúa ós de Calpita de líderes da Terceira Rexional con dez puntos, cun de ventaxa sobre o Galicia de Caranza, que ten un partido menos.
Visitaba hoxe o Campo do Poboado un dos equipos de arriba, o Estrella naronés, pero os xoves azuis lograron unha merecida victoria que se iniciaba cun bonito gol de falta de Borja no minuto 30´.
Nada máis comezar a segunda metade o propio Borja centra dende a banda dereita e Junior chegando dende atrás e libre de marca cabecea a gol (47´). A sentencia chegou cerca do final (85´), nun penalti que transforma Adrián Criado conseguindo o 3-0 definitivo. Curiosamente un minuto antes os naroneses puideron acurtar distancias pero o seu lanzamento de penalti é atallado maxistralmente por Iván en dous tempos.
Xogaron polo As Pontes Iván, Antón, Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín, Junior, Danilo, Borja, Vicente e Púas. Na segunda metade entraron Adrián Criado, Hugo, Fernando e Amadi.
Na vindeira xornada o As Pontes volverá a xogar en casa contra o Ánimas de Ferrol.
cdaspontes_naron_01.jpg


cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
cdaspontes_naron_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios