O CD AS PONTES CELEBRA MAÑÁ XOVES ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DE SOCIOS

65

A xunta directiva do Club Deportivo convocou para esta tarde ós máis de cincocentos (500) socios da entidade a unha asemblea ordinaria na que se abordará o informe do balance económico e deportivo da pasada temporada, así como o relativo á presente campaña. Tamén se tratará a reforma que pretende levar a cabo a directiva no relativo ás condicións e denominacións dos asociados do Club.
A asemblea será, no LAR de Endesa, en primeira convocatoria ás sete e media do serán (19,30) e en segunda convocatoria, media hora máis tarde (20,00).
AS PONTES-CERCEDA: Despois de catro xornadas sen gañar, o As Pontes acadou o martes pasado unha importante vitoria na casa do Negreira, grazas a un xenial e decisivo gol do arousán Hugo Soto. Tres puntos que lle permiten ascender á novena posición con doce puntos e afrontar con optimismo o choque contra o Cerceda, terceiro clasificado e que precisamente perdeu en Negreira o único partido no que vai de campionato. O encontro dispútase este domingo 17 a partir das cinco da tarde (17,00).


Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios