O futbolista do CD As Pontes Jordi, convocado pola selección galega de afeccionados

136

jordi.jpgO futbolista do CD As Pontes Jorge Lara Rodríguez “Jordi” ven de ser convocado coa selección galega de afeccionados para un partido de preparación que se xogará o mércores día 20 no Anxo Carro ante o CD Lugo.
Recordemos que a selección galega de afeccionados é a actual campiona de España, título que logrou este ano tras vencer a Andalucía 2-1 na final en Portonovo, e polo tanto representará ó Estado Español na Copa das Rexións UEFA.
De feito Galicia xogará a primeira fase en Decembro (do 7 ó 11) e terá como rivais a Fthioida (Grecia), Wurttembergischer (Alemaña) e Malta.
Hai que recordar que a Copa das Rexións UEFA foi gañada a nivel de España por Madrid (1998 e 2000), Asturias (2002), País Vasco (2004 e 2006), Castela León (2008) e Galicia (2010) e a nivel europeo por Veneto (1999, Madrid finalista), Moravia (2001), Piamonte (2003), Pais Vasco (2005), Baixa Silesia (2007) e Castela León (2009).
Jordi incorporouse ó As Pontes este ano procedente do Bergantiños e pode xogar de lateral ou extremo esquerdo. Naceu en Burgos e ten 27 anos.


Tamén van o xogador de Ortigueira Marcos Álvarez, e o ferrolán Pablo Rey.
Os convocados son:
CCD Cerceda: Cristopher Pallas, Celestino Noé López, David Rey, Alberto Mariño, Jose Souto, Óscar Martínez.
CD Ourense: Carlos Alberto Pérez, Jose María Gómez, Adrián Padrón, Antonio Fernández, Jaime Noguerol, Martín Pérez.
Racing de Ferrol: Antonio López, Mauro Poratti, Pablo Rey, Marcos Álvarez, Felipe Rodríguez.
Ordes: Javi Álvarez, Javi Villar, Jesús Remuiñán
Racing Vilalbés: Jose Ángel González
Negreira SD: Jesús Torres
Mesón do Bento: Diego Otero
CD As Pontes: Jorge Lara Rodríguez “Jordi”
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios