TRIUNFO DO FILIAL E DERROTA DO XUVENIL

132

O filial do CD As Pontes afianzou hoxe o seu liderato na Terceira Autonómica tras vencer por 3-0 ó equipo ferrolán do Ánimas que ía de quinto clasificado.
Un gol de Danilo na primeira metade e os de Junior e Borja no segundo tempo, con algunhas boas intervencións de Iván, outorgaronlle os tres puntos ós azuis, que agora mesmo suman 13 en cinco encontros. A semana que ven descansan por retirada do Cañoles.
Calpita alineou a Iván, Antón, Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín, Junior, Danilo, Borja, Vicente e Púas. No segundo tempo entraron Adrián Criado, Hugo, Fernando, Amadi e o porteiro suplente Juan.
futbol_01.jpg


futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
Desgraciadamente non podemos dicir o mesmo do xuvenil de Liga Nacional tras sumar un so punto en seis xornadas. Hoxe perdeu 1-2 co Lalín. A única nota positiva é que está a tres puntos da salvación. Pero os azuis deberán afrontar cada partido como unha final e necesitarán todo o apoio do público no que resta de Liga.
A primeira metade acabou con empate a un, gol de Xabi Pellón, que foi expulsado no segundo tempo xunto a un xogador visitante. A falta de 20 minutos o dianteiro lalinense que o ano pasado marcou 16 goles co Lalín de Terceira División meteu o seu segundo tanto e o As Pontes tivo que arriscar e ir a por todas subindo ós seus centrais a dianteiros, pero a can fraco todo son pulgas e o colexiado ferrolán Formoso anuloulle un gol a Abeás nun fora de xogo máis que dubidoso.
Carballo alineou a Julián, Juan Donapetry, Isma, Toti, Abeás, Juan, Kilian, Chungui, Javi, Xabi Pellón e Gogas. No segundo tempo entraron Yon Badiola e Guille.
A semana que ven xogarán co Montañeros B en A Coruña
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios