Valentín Gonzalez Formoso: O Estado debe corresponder ao esforzo feito

105

[La Voz de Galicia] Non estamos nas Pontes en contra de que se adopten medidas para axudar ao resto das comarcas mineiras españolas, porque a solidariedade é intrínseca á nosa ideosincracia, historicamente acollimos a miles de persoas que proveñían do Bierzo ou de Asturias, e que son hoxe uns veciños máis. É responsabilidade de quen toma decisións, o facelo dun modo equilibrado, isa é a clave, e nesta ocasión Industria non o fixo. Sendo obxetivos, a central de As Pontes está a funcionar os dous últimos anos a un rendemento medio do 50% debido sobre todo á caída da demanda enerxética, o que fai consecuentemente que o transporte de carbón se reducise case á metade. E ante ista situación As Pontes, en ningún momento reclamou ningunha solución porque a solución á caída da demanda non está nunha decisión política, pero o que xa non é aceptable é que froito da aprobación dun Decreto se reduza aínda mais, ata un 20% a produción prevista inicialmente para a central térmica no 2011, porque iso si que é froito dunha decisión política, e porque iso conlevará un impacto sobre todo en dous sectores, o transporte pola redución en mais dun millón de toneladas, e porque presumiblemente afectaría á plantilla das compañías auxiliares. Por iso esiximos hai meses a aplicación de medidas que palíen os efectos e a garantía para un funcionamento adecuado das centrais, e o seguimos esixindo a través das xestións políticas que estamos a realizar diante de Industria e a Vicepresidencia do Goberno.


O Estado debe facer memoria, a xoia da corona do INI era a central de As Pontes, durante décadas de aquí partiron 22.000 millóns de termias, tres millóns de pesetas por hora saía dos adentros de As Pontes e dos seus lugares desaparecidos, con mais de 20 quilómetros cadrados enterrados baixo a maior mina a ceo aberto de España, que serviu para aportar ata o 12% das necesidades eléctricas do noso país, e que hoxe é o maior complexo eléctrico de España con case 2.500 Mw entre carbón, gas, hidráulica e eólica. O Estado non debe olvidar que sempre puido contar con As Pontes cando se necesitou un esforzo enerxético, aínda a pesar das expropiacións e da presencia de dúas centrais a escasos metros do casco urbano, ou cando se ofrece para albergar unha celulosa (para evitar perder unha planta vital para a Madeira en Galicia), por certo cuestión esencial para o futuro das Pontes e na que lle pedimos á Xunta que se comprometa e apoie o traslado de ENCE a As Pontes tal e como estaba previsto e que non aposte polas cercanías de Pontevedra, en contra do que dicta o sentido común. En conclusión agora lle toca ao Estado corresponder a As Pontes, e debe facelo porque esta vila leva anos sendo aliada esencial do sistema eléctrico nacional, por facer xusticia coa historia de esforzos da nosa vila e dos seus veciños.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios