SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 1 PASTORIZA 2

40

Derrota das azuis no partido disputado esta mañá ante o Pastoriza por 1 gol a 2. As de Arteixo suman tres puntos e siguen a estela do Orzán.
Nada máis comezar unha visitante de tacón a punto está de sumar o primeiro gol, pero Leti estivo atenta. Pero no 15´ Cris revolvese ben dentro da área e marca tras tiro cruzado que pega no poste e acaba entrando. É o bo de ter unha dianteira de referencia. Xa no 30´ falta ó borde da área e Silvia marca pola escadra tras conseguir pasar o balón por encima da barreira, un xusto premio para a regularidade da gran taekwondista. Na primeira metade salientar tamén algunas ocasións creadas por Alba.
Nada máis comezar o segundo tempo unha dianteira visitante ten un man a man con Leti pero acabase escorando (50´), pero si consiguen volver a adiantarse as de Arteixo no 60´ tras un forte disparo dende fora da área de Laura.
De ahí ó final carrusel de cambios no As Pontes para darlle minutos ás máis noviñas e intentar ir a polo empate, as visitantes tiveron as súas opcións de sentenciar pero as dúas ocasións máis claras foron para as azuis, no 66´ a gran Carlota fai o máis difícil, controla un balón complicado dentro da área, pero a porteira botaselle encima e no disparo queda sen angulo, no 70´ a talentosa Alba regatea á defensa, fai o mesmo coa porteira pero esta saca un ha man in extremis no último instante e faise co balón, e no 84´ nun barullo entre Carlota, Cris e a porteira visitante o balón acaba rozando o pau.
En definitiva victoria dun gran equipo, do mellor da categoría, ante un cadro local que o deu todo a pesar das baixas, das lesións, a xuventude, de estar moi mermado arriba e dos malabarismos que ten que facer o pobre Salido nas alineacións . Resaltar a Jani impecable e a Lara que sempre está en tódolos sitios.
As azuis suman catro puntos e intentarán resarcirse na súa visita ó Puebla o vindeiro domingo.
as_pontes-pastoriza_01.jpg


1 CD AS PONTES: Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Mireia (Cris Moirón 74´), Lara (Natalia 87´), Lau (Laura 83´), Alba (Janira 83´), Clara, Carlota, Carliña (Nato 61´).
2 PASTORIZA: Gema, Estefania, Begoña, Irene, Melani, Camino (Cintia 72), Laura, Noa, Cris, Alicia (Andrea 93), Marta.
Árbitro: Manuel Bejarano Estepa (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns 50 espectadores.
Goles: 0-1, minuto 15, Cris. 1-1, minuto 30, Silvia. 1-2, minuto 60, Laura.
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
as_pontes-pastoriza_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios