Club de Montaña O Caxado – Saída Picos de Europa – Ponte do Pilar 2010

39

O recorrido consistía en saír do pobo de Sotres e volver de novo alí o luns logo de pasar polos refuxios de Urriellu e Collado Jermoso e percorrer boa parte do macizo central de Picos de Europa.. O venres viaxabamos cara a Sotres para alí pasar a noite e empezar a camiñar o sábado a primeira hora. As previsións meteorolóxicas non eran especialmente boas pero iámolo intentar. Saiamos o sábado as 9 da maña en dirección a o refuxio de Urriellu (Naranjo de Bulnes), para facer noite alí.Calculabamos estar alí o mediodía, como así foi, e o que quixera facer algo mais pola tarde podía facer algo por alí si o tempo o permitía. O tempo pola tarde non estivo moi bo pero nun momento de melloría fomos “argallar un pouco”e nada mais. Fixemos noite alí e o domingo pola mañá sairiamos cara o refuxio de Collado Jermoso.
O Domingo saímos en dirección o collado de Horcados Rojos,por el Jou sin Tierre, Jou Los Boches ata a subida co cable que nos leva o mesmo collado de Horcados Rojos. De alí e como iamos ben de tempo e a climatoloxía era boa, decidimos subir o Pico Tesorero(2570m.) e despois de baixar coller dirección al Hoyo Tras Llambrion no que atopabamos algúns neveros, polos que teriamos que cruzar para chegar o paso de Tiro Callejo, que e una brecha pola que se baixa o Hoyo del Llambrion e de alí o refuxio de Collado Jermoso, onde xa chegamos chovendo botada a noite e con moita néboa, o que impideu que gozaramos de unha paisaxe marabillosa e unha posta de sol, IMPRESIONANTE,pero outra vez será….
picos_europa.jpg


O día seguinte(luns) o tempo era infernal, con moita néboa, chuvia…. e variamos un pouco o percorrido previsto para chegar a Sotres de novo. Entón despois de ver que o tempo non amainaba decidíamos ir polo camiño mais fácil. Sairiamos do refuxio de C. Jermoso polas Colladinas cara a Vega de Liordes, para baixar a Fuente De, polos Tornos de Liordes para chegar a parte baixa do teleférico. Coller o teleférico e subir o Cable, onde comemos algo “expres” e continuamos camiño. pois a maioría iamos ben mollados e non era recomendable que nos collera o frío. Do Cable colleriamos dirección a Horcada de Cobarrobres, Cuetos de San Toribio, chalé real, hotel de Aliva, Llomba del Toro(antiga morrena glaciar),Vega de Sotres, invernales del Texu e de novo en Sotres, onde pasariamos a noite para coller forzas para a ultima ruta do martes.
O martes,a ruta seria xa polo macizo oriental, pois todas as anteriores fixémolas polo macizo central. A ruta era circular, na cal, sairiamos do Mito de Escarandi, cerca de Sotres, subiríamos o refuxio de Andara para baixar o cruce do Vao dos Lobos e tirar en dirección o punto de partida, Jito de Escarandi. As 3 da tarde tiñamos terminado. Voltamos a Sotres para repoñer forzas antes de volver a As Pontes. Alí paramos onde sempre no restaurante Casa Cipriano, pois comese ben e a bo prezo…cafés, algún chupito e volta a casa…misión cumprida, je je.
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
picos_europa.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios