FESTAS DO ROSARIO EN GOENTE

121

A parroquia pontesa de Goente, que o pasado sábado 9 celebrou con éxito a “II Feira do Queixo e do Mel”, conmemorou esta fin de semana a súas tradicionais festas patronais na honra da Virxe do Rosario.
As celebracións comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras Panamá e Marbella. O programa do sábado houbo a misa á unha do mediodía, seguida da sesión vermú coa orquestra Fin de Siglo, agrupación musical que tamén actuou na concurrida verbena da noite xunto á orquestra Panorama. A xornada do domingo iniciouse con bombas de palenque, para continuar coa misa cantada pola Coral Airiños da Capela, seguida da tradicional procesión e a sesión vermú a cargo de Xente Nova.
goente_2010_0001.jpg


PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE GOENTE
Está situada ó oeste do concello limitando co da Capela e as parroquias de Seixo, Vilavella, Ribadeume, Faeira e Eume. É unhas das parroquias máis poboadas, con 232 habitantes segundo o censo de 2009 (hai século e medio a parroquia de San Martiño de Goente contaba con 40 veciños e 223 habitantes), que viven nos lugares do Ar, As Caibancas, Ferreiras, A Pena do Millo, O Palmeiro, A Pena do Tizón, O Picovello, O Piñeiral, O Porto dos Frades, Regalados e Goente, que está considerado como núcleo de poboación, con 137 habitantes, comprendendo os lugares do Empalme, A Cabana, Os Ameneiros, Os Sánchez, A Igrexa, Porto Liñares e As Congostras.
Pertence ó arciprestado de Bezoucos e diocese de Santiago de Compostela. Bezoucos comprende as parroquias dos concellos de Ares, Cabanas, Capela, Fene e Mugardos e as pontesas de Bermui, A Faeira, Goente, Ribadeume San Pedro de Eume e Seixo.
Na década dos anos oitenta do século pasado varias foron as aldeas (Cornas, Meizoso, O Pazo, O Seixo, O Val e A Veiga) que desapareceron por mor da expansión da mina de carbón. Ocupa unha superficie total de dezasete quilómetros cadrados.
Está bañada polos regos do Seixo, A Capela, O Val e Palmeiro. É unha parroquia montañosa con elevacións superiores ós 500 metros, destacando o Fontardión (665 m), a Pena da Auga (605 m) e o Pico de Laurentín (508 m).
A igrexa parroquial, situada no núcleo de Goente, é de construción antiga, aínda que o campanario, de dúas espadanas, é máis recente. Na súa fachada hai unha placa adicada a Eduardo Ferreiro García, o cura que durante case cincuenta anos foi párroco desta parroquia (1941-1990), onde era moi querido e apreciado polos seus fregueses. Enfronte do novo cemiterio parroquial, no lugar das Congostras, reconstruíse a capela de San Roque do Val, que conta cun interesante cruceiro.
No lugar do Empalme, no cruce da estrada da Faeira, está o restaurante Casa Díaz (981.459126), fundado en outubro de 1970, moi coñecido na comarca pola súa comida caseira, sendo as súas especialidades o peixe sapo en salsa e os callos.
A NOSA SEÑORA DO ROSARIO
É unha advocación mariana venerada no catolicismo o día 7 de outubro. Conta a lenda que a virxe apareceuse en 1208 a Santo Domingo de Guzmán nunha capela do mosteiro de Prouille (Francia) cun rosario nas mans, aprendeullo a rezalo e díxolle que o predicara entre a poboación.
A primeira capela foi construída por Simon IV de Monfort, que lle atribuíu a esta virxe a súa vitoria na batalla de Muret. No século XVI o papa Pío V instaurou a súa festividade o 7 de outubro con motivo do aniversario da batalla de Lepanto (1571) para celebrar a liberación do mundo occidental da ameaza turca.
A súa advocación está moi estendida por toda España (A Coruña venera á Virxe do Rosario dende 1589 pola axuda que, segundo a tradición, prestou ós seus habitantes para liberar a cidade do asedio das tropas inglesas), Francia (Notre-Dame-du-Rosaire de Lourdes) e Latinoamérica.
Goente (As Pontes), 18 de outubro de 2010 (AF)
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
goente_2010_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios