Entrevista a Bossa, un dos capitans do C. D. As Pontes, por Minchi

63

bossa.jpgHola Bossa, o primeiro, moitas gracias por concedernos esta entrevista
De nada, encantado e con moito gusto.
Esta xa e a tua segunda tempada en As Pontes, pero aquí non sabemos moito do tu pasado futbolistico ¿Podesnos contar donde xogaches ata chegar a As Pontes y donde foron os teus inicios?
Os meus inicios foron no viveiro ,onde xoguei dende que era infantil ata xuvenil de segundo ano. Tendo 17 anos fichei polo compostela. Alí xoguei 6 tempadas, nas que competín na terceira división e na segunda b, conseguíndo o ascenso á segunda division “A”. Logo de esos 6 anos no compostela, volvín ó viveiro no que xoguei unha tempada na terceira división. Ó ano seguinte firmei no Fuenlabrada (Madrid) no que estiven unha tempada. Ó ano seguinte firmei no Bergantiños en donde estiven 3 anos, e agora levo dous anos en As Pontes.
Es un dos capitans do equipo ¿Como ves o vestuario neste inicio de tempada?
A verdade é que dende que cheguei a As Pontes é unha das cousas que mais me sorprenderon, porque o vestuario que hai neste equipo tanto na tempada pasada como neste ano é impresionante, e creo que ese é un dos segredos de este equipo para poder conseguir o ascenso o ano pasado e estar a competir este ano como o estamos a facer.


¿Crees que a 4ª posición da 3ª división, posto que as 3 primeiras estan, según se di, xa repartidas para Racing de Ferrol, Cerceda e Ourense, e posible para o C. D. As Pontes?
Todo e posible neste deporte, pero temos que saber que somos un equipo que acaba de ascender, e que o primeiro que temos que conseguir e a permanencia, e mais adiante xa se verá ata donde somos capaces de chegar, pero esta claro que polo que levamos de temporada estamos a ver que calquera che pode complicar a vida.
¿Cal crees que debería ser o obxetivo do clube nesta tempada?
Como che comentaba antes creo que debemos de tratar de consolidarnos nesta categoría, porque creo que un clube como o C. D. As Pontes ten que estar presente sempre na terceira división.
¿Esperabas ser o maximo goleador do equipo a estas alturas, sen xogar de dianteiro?
Non esperaba ser o maximo goleador, e tampouco é unha cousa que me obsesione, teño a sorte de poder sacar faltas e lanzar penaltis, e é unha ventaxa que teño respecto ós meus compañeiros para poder facer goles.
¿Cales son o mellor e o peor momento como futbolista desde que chegaches a As Pontes?
Sinceramente dende que cheguei aquí, todos son bos momentos, porque toda a xente de As Pontes me tratou fenomenal, e me fixeron sentir coma na casa, tanto directivos como os compañeiros de aqui de as pontes.
¿Como e a adaptación de tantos compañeiros que chegaron novos ó vestuario?
Eu creo que todos os compañeiros que viñeron este ano estan sentindose comodos, pero tamen creo que deportivamente aínda nos falta para compenetrarnos mellor, pero eso xa chegará con un pouco mais de tempo, porque son moitos os compañeiros que chegaron esta tempada.
¿Cal e a tua maior virtude e o teu maior defecto dentro dun campo de fútbol?
A miña maior virtude creo que non son eu o mais indicado para poder decila, eso serán outros os que o digan. Sobre os defectos son moitos, pero creo que me falta agresividad en ocasions e no xogo aereo son malísimo(pero moi malo).
¿Madrid, Barcelona, Deportivo,…….?
Barcelona sin dudalo, gustame o futbol de toque e para eso non hai outro equipo como o barcelona.
Moitas gracias pola entrevista de novo, e sobre todo moitas gracias por facernos disfrutar do fútbol cada domingo no Poboado.
De nada e gracias a vos.
Nova cortesía de Minchi | http://www.cdaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios