Nota de prensa BNG: JORQUERA PREGUNTARÁ MAÑÁ NO PLENO A ZAPATERO SE VAI MODIFICAR O DECRETO DO CARBÓN PARA EVITAR O DANO NAS CENTRAIS TÉRMICAS GALEGAS

63

A pergunta do deputado do BNG pódese seguer en directo ás 9.00 horas através da web do congreso
Madrid, 26 Outubro 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiráse mañá mércores, día 27 de outubro, ao Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, para interrogalo sobre o seu dispór a modificar o Decreto do Carbón para evitar os evidentes danos colaterais que vai ter nas centrais térmicas galegas de As Pontes e Meirama.


Jorquera preguntará a Zapatero se son certas as súas afirmacións realizadas o outro día despois dun mitin en Ponferrada, onde asegurou que pedirá na UE unha prórroga para as axudas ao carbón autóctono a fin de que vaian máis alá do ano 2014. “O que suporía agravar o problema das térmicas galegas”.
O debate entre o deputado do BNG e o Presidente do Goberno español pódese seguer en directo ás 9.00 horas através da web do Congreso.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios