PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – UV VENTORRILLO (6-7)

35

Escudo-O-Esteo.jpgO Esteo parece perder fol despois da segunda derrota consecutiva diante doutro novo na categoría, o Ventorrilló da Coruña. O cadro pontés perdeu pola mínima (6-7) en partido da quinta xornada de liga da primeira nacional B disputado este domingo no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores.
Primeira derrota do Esteo na súa cancha diante do Ventorrillo coruñés, equipo novo na categoría e que plantou cara a un equipo pontés que fixo moitos regalos en defensa e non estivo nada acertado de cara ó gol a pesar de dispoñer de moitas e claras ocasións para marcar. Por se isto non fora pouco, ós dez segundos de partido quedouse cun home menos ó sufrir Fran unha escordadura. Mediada a primeira parte os coruñeses encarrilaban ben o partido cun 0-3 ó seu favor, indo sempre por diante no marcador ata o minuto 32 de partido en que os locais lograban coller vantaxe, o que facía pensar nunha vitoria do Esteo, pero dúas contras dos coruñeses déronlle de novo a volta ó marcador e alzarse cos tres puntos en xogo e o Esteo cae á quinta posición da clasificación e na vindeira xornada visita ó Ribeira de Piquin.


O ESTEO FS: Ito, Anxo, Fran, Noé, Rubi–cinco inicial- Gerardo, Santi, Diego e Pellón.
U.V. VENTORRILLO FS: Iván, Nando, Pablo, Jacobo, Jajo –cinco inicial- Manitas, David, Quique e Alberto.
ÁRBITROS: Amor Vizoso e Pena Pereira (Ferrol). Expulsaron con vermella directa a David do Ventorrillo e amosaron tarxeta amarela a Anxo e Manitas.
GOLES: Min. 9 (0-1), Manitas. Min. 10 (0-2), Quique. Min. 14 (0-3), Jajo. Min. 15 (1-3), Noé. Min. 17 (1-4), Jajo. Min. 18 (2-4), Noé. Min. 23 (3-4), Noé. Min. 29 (3-5), Jajo. Min. 30 (4-5), Rubi. Min. 31 (5-5), Pellón. Min. 32 (6-5), Noé (penalti). Min. 33 (6-6), Jajo. Min. 38 (6-7), Quique.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios