LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 2 MONTAÑEROS B DE A CORUÑA 1

40

Importante victoria e tres puntos vitais para o xuvenil de Liga Nacional pontés no encontro correspondente á oitava xornada de Liga. Tras sumar un so punto en seis xornadas o cadro de Carballo toma aire con dúas balsámicas victorias, a conseguida a semana pasada en Ponteareas e a de hoxe ante o cadro coruñés.
Na primeira metade marcou o gran capitán Abeás, de penalti, e na segunda, o lateral esquerdo de Somozas, ex do Cebarca e da selección ferrolá sub17, Ismael Prieto. Sufriuse moito nos últimos minutos co 2-1, pero os azuis sacaron a casta e souberon conservar o triunfo, en dúas semanas pasan de estar no último lugar a subir tres postos e ser decimoquintos, cuartos pola cola, con 7 puntos.
Na situación actual baixarían seis equipos, dous directos máis catro galegos de División de Honra, asi que os locais terán que loitar moito, pero estos seis puntos serán un soplo de aire fresco para encarar os vindeiros compromisos.
Carballo alineou a Julián, Ismael López, Ismael Prieto, Borja Abeás, Juan Donapetry, Juan Prieto, Kilian, Chungui, Javi, Xabi Pellón e Gogas. No segundo tempo saíron Yon Badiola, Alex Cabarcos e Manu.
A semana que ven xogan en Vigo co perigosisimo Celta B.
milagrosamontaneros_1.jpg


milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
milagrosamontaneros_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios