SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 2 MILAGROSA DE LUGO 0

37

Sensacional victoria do equipo feminino na tarde chuviosa de hoxe ante un dos equipos grandes da categoría, o Milagrosa de Lugo.
Ben comezaban as cousas cando ós 10 minutos, a da galega, a multiusos, Yaiza, que hoxe tivo que facer de improvisada dianteira, agarrou un balón dende fora da área e cun forte disparo mandou o esférico por riba da porteira visitante que non puido facer nada. Sexto gol en competición oficial de Yai, sumados ós catro do seu debut ante o Noia e ó do ano pasado, precisamente ante a Milagrosa.
De ahí ó descanso, maior dominio do equipo visitante, lóxico, un cadro veterán non exento de calidade en todas as liñas ante outro bo con lesións importantes e moitas xogadoras noviñas que están aprendendo, aínda así Leti estivo moi segura a pesar das condicións climatolóxicas, ben a defensa, impresionante hoxe Silvia, a mellor, Jani xenial, na súa liña, incríble a seguridade das dúas biberonas Nato e Mireia, na medular, valladar Laura, Lara maxistral coma sempre, participativas Carliña e Clara, e Carlota coas súas diabluras.
O comezo da segunda metade tamén foi de maior dominio lucense, as pontesas defendendose e buscando o contragolpe, ata que no 70´ chegou a xogada clave, saca Laura de córner, o balón vai ós pes de Carlota, oportunista, está onde ahí que estar, e marca o 2-0, o seu decimocuarto tanto en competición oficial.
Os últimos 20 minutos foron un correcalles, con ocasións para un e outro equipo, anque as azuis puideron sentenciar. Tiveron os seus minutos as máis noviñas.
Alinearon Salido e Pita a Leti; Mireia, Jani, Nato, Silvia; Lara (Yanira 78´), Laura, Carliña, Carlota (Andrea 89´), Clara (Antía 76´); Yaiza (Sabela 89´).
En definitiva, gran e meritorio triunfo, moito máis tendo en conta as circunstancias, do equipo feminino pontés, que recuperou ese chisco de sorte que lle faltou nos partidos contra Val do Ulla, Silleda, Monte Forte e Pastoriza. Suman a terceira victoria da tempada e dez puntos. A semana que ven, palabras maiores, visita ó líder, Orzán de A Coruña.
milagrosa_1.jpg


milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
milagrosa_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios