Cinco futbolistas do CD As Pontes convocados coa selección de Ferrol

89

A delegación ferrolá comezará a semana que ven a preparar o Trofeo Caixa Galicia 2011, nas súas tres respectivas categorías, alevín sub12, cadete sub15, e xuvenil sub17.
Nesta primeira convocatoria haberá cinco representantes do CD As Pontes, á selección alevín irán o goleador Josiño Pico e o polivalente Andrés Pita, á selección cadete vai o dianteiro David Rey, meritoria convocatoria sendo aínda infantil de segundo ano, con respecto á selección xuvenil vai o extremo esquerdo que xa estivo na sub15, Alex Cabarcos, e o medio centro Juan Prieto, convocatoria cantada tendo en conta que ambos xogan en Liga Nacional sendo aínda xuvenís de primeiro ano.
Nas vindeiras semanas a delegación ferrolá fará sucesivas convocatorias e probará sen dúbida a máis xogadores, agardemos que con presencia de moitos azuis, destinadas a confeccionar os equipos que xogarán contra A Coruña e Lugo na Fase Norte do Trofeo Caixa Galicia. Na Fase Sur estarán Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago.
Os alevíns e cadetes adestrarán o xoves ás 16:00 no Campo da Gándara, namentres que os sub17 farano o mesmo día ás 15:30 en Perlío.


As convocatorias completas son:
ALEVÍN SUB12
Racing de Ferrol: Javier Sanmartín, Fernando Fernández, Santiago Otero, Manuel Permuy, Carlos Berea
SRD Portuarios: Kevin Bellas, Zoel Daza, Miguel Piñeiro, Alejandro Piñón, Rubén Franco
CD San Sadurniño: Diego Sanjurjo, David Varela, Jaime Díaz, Mario García, Diego Durán
Galicia de Caranza CF: Bruno Pena, Cristian Grajales, Miguel Torrente
Narón BP: Ismael Moreira, Airam Camacho
Cedeira SD: Brandan Otero, Miguel Ponce
CD As Pontes: Andrés Pita, Xóse Pico
Eume Deportivo : Raúl Fernández
CCRD Perlío: Javier Varela
FC Ortigueira : Andrés Barcón
SD Rápido de Neda: Jose Pérez
CADETE SUB15
SRD Portuarios: Mike Pérez, Iago Gómez, Óscar Ares, Adrián Pérez, Jorge Prieto, David Breijo
Racing de Ferrol: Iago de Santiago, Manuel Mariña, Omar Ismail, Iago de Diego, Ignacio Pato
Meirás CF: Bruno Yáñez, Jonathan Picos
Galicia Caranza CF: Daniel Espiñeira
SD O Val: Manuel Brandeiro
CD As Pontes: David Rey
XUVENIL SUB17
Racing de Ferrol: Diego Fernández, Ignacio Paz, Jesús Peña, Kevin Martínez, Eduardo Iglesias
Galicia de Caranza CF: Boris Pico, Adrián Priegue, Yeray Garel, Jorge Díaz
Eume Dep: Francisco Seijas, Fernando Rodríguez
Meirás CF: Sergio Orjales, Carlos Ramallo
SRD Portuarios: David López, Óscar Freire
CD San Sadurniño: Iago Montero, Alberto Campos
CD As Pontes: Alex Cabarcos, Juan Prieto
Galicia Mugardos: Alejandro Pita
Numancia de Ares SDR: Carlos Arnoso
Cedeira SD: Óscar Regueiro
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios