RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

70

O segundo equipo do As Pontes non xogou o seu partido contra o Narahío correspondente á séptima xornada pola climatoloxía e ó mal estado do terreo de xogo, que se atopaba moi encharcado, polo que o árbitro Corral Franco, de acordo cos delegados dos dous equipos, decidiu suspender o encontro. Son segundos por detrás do Caranza, cun partido menos, e a semana que vén terán unha importante visita ó terceiro clasificado, AD Miño.
Xenial o xuvenil B, a alegría da xornada, venceron 0-8 ó Cultural Maniños, e son terceiros con 17 puntos. A próxima xornada reciben ó Galicia de Mugardos.
Derrota dos cadetes en O Val (3-1). Son sextos con 9 puntos e a semana que ven reciben ó terceiro clasificado, Ortigueira.
Paso adiante dos infantís, gañaron 0-2 ó San Pedro, tantos de Raquel e Nahúm, e seguen líderes empatados a puntos co Narón BP. O vindeiro sábado descansan.
Mala xornada para os máis pequenos, o alevín A descansou, e vai segundo a tres puntos do Eume pero cun partido menos, a próxima xornada reciben ó Rápido de Neda B.
O alevín B perdeu 0-4 co líder San Sadurniño que este xoves levará a cinco xogadores á selección de Ferrol. Os ponteses son novenos con catro puntos e a semana que ven visitan ó Canido.
En benxamíns o As Pontes A perdeu 10-1 co líder O Val B. Son sextos con tres puntos e a seguinte xornada reciben ó Rápido de Neda.
O benxamín B perdeu 0-7 co San Pedro e son séptimos con tres puntos. O próximo sábado visitarán ó Eume.
Nos prebenxamíns, o A perdeu 7-1 co líder Caranza. Tamén recibirá ó Neda, que o próximo sabado fará triple visita ó Poboado. O B, perdeu 0-14 co Val, e o seguinte fin de semana xogarán en Ferrol co Portuarios.
cd-as_pontes_01.jpg


cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
cd-as_pontes_01.jpg
campo_chuvia_01.jpg
campo_chuvia_01.jpg
campo_chuvia_01.jpg
campo_chuvia_01.jpg
campo_chuvia_01.jpg
campo_chuvia_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios