TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 CD OURENSE 1

49

Sensacional e moi sufrida victoria a conseguida polo As Pontes na tarde de hoxe ante un dos grandes da categoría, o Clube Deportivo Ourense.
Ben comezaban as cousas para os locais, no minuto 9, gran centro do capi Bossa desde banda dereita e Schuster cabecea ó fondo das mallas adiantandose á saída do porteiro visitante. Incluso puido ampliar a ventaxa Hugo Soto nun man a man con Berto (15´) pero o gardamallas ourensán sacou unha man providencial. Si marcou Hugo o 2-0 no minuto 21´ dende fóra da área e de tiro cruzado. Pero a pesar de todo o Ourense amosaba o seu potencial, con algunhas ocasións, principalmente por medio do ex internacional español sub17 Adrián Quintairos, e nos últimos minutos da primeira metade apretaron e acabaron marcando no 45´ tras un saque de córner cun remate de cabeza inapelable de Yebra ó que non puido chegar Kiko.
No segundo tempo o Ourense saiu a polo gol e o As Pontes replegouse co paso dos minutos, aínda asi tivo unha gran ocasión o cadro local para sentenciar, outra vez os mesmos protagonistas, centro de Bossa, cabezazo de Schuster e Berto despexa o balón a córner no último instante (71´). Tamén tivo as súas o Ourense e Martín no 73´ e Jordan no 79´ estiveron a piques de marcar pero ó igual que Hugo Soto no 82´ o balón marchou desviado por pouco.
Sufriu moito o As Pontes nos últimos minutos, pero ó final triunfo importantísimo e tres balsámicos puntos que lle sirven ós azuis para coller aire e auparse á décima posición da táboa con 16 puntos. A vindeira xornada o cadro pontés visitará a un necesitado Narón nun duelo de rivalidade.
aspontes-ourense_001.jpg


2 CD AS PONTES. Kiko, Moncho, Javi, J.Rochela, Juan, Schuster, David Vidal (Dani 66´), Felipe (Iván Gonzalez 50´), Hugo Soto, Bossa (Piñeiro 75´), Jordi.
1 CD OURENSE. Berto, Josu, Sito, Germán, Adrián Padrón (Kike 65´), Yebra, Peloto, Antonio, Adrián Quintairos (Capelo 74´), Arenas (Martín 65´), Jordan.
GOLES: 1-0, Schuster (9´), 2-0, Hugo Soto (21´), 2-1, Yebra (45´).
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores, moitos visitantes, en tarde fría e soleada. Partido correspondente á 13ª xornada de Liga.
ÁRBITRO: Pablo Botana Rey (Santiago). Auxiliado nas bandas por Rodríguez e Filgueiras. Amonestou a Schuster, Ivan, Josu, Sito e Yebra.
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
aspontes-ourense_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios