LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 2 SÁRDOMA DE VIGO 4

35

Derrota do equipo xuvenil no partido xogado na tarde de hoxe correspondente á décima xornada ante o equipo vigués por 2 goles a 4.
Na primeira metade adiantaronse os visitantes no minuto 20, tras un zapatazo dende fóra da área que se colou pola escadra, incluso puideron volver a marcar antes do descanso tras fallar unha ocasión a porta baleira.
Comezou o segundo tempo con dous goles consecutivos que situaban o 0-3 que semellaba ser definitivo, pero a raíz dos cambios o As Pontes achuchou e puxose 2-3 con goles de Chungui e Toti, e tivo ocasións de empatar con varios lanzamentos de falta perigosos botados por Chungui, pero preto do final nunha boa contra, os visitantes sentenciaban, nunha xogada, eso si, precedida de falta e en posible fora de xogo.
xuvenil_01.jpg


Carballo xogou con Julián, Alex, Isma Prieto, Toti, Juan Donapetry, Juan Prieto (Abeás 56´), Kilian (Ismael López 57´), Guille (Chungui 45´), Javi, Xabi Pellón, Gogas (Rubén 58´).
Resaltar como incidencias que o equipo visitante chegou uns minutos tarde e coa mesma equipación que o As Pontes, polo que tivo que xogar coa terceira camiseta do equipo local. Ó final do encontro houbo unha pequeña trifulca e o colexiado ferrolán García Villaverde reflectiu na acta que o xogador visitante Áaron P.S., que xa tiña tarxeta, foi expulsado tras darlle un puñetazo a un xogador local unha vez finalizado o encontro.
En moi mala situación queda o As Pontes que a semana que ven visita ó segundo clasificado, o Lugo, está con sete puntos, e a día de hoxe, cos catro descensos galegos de División de Honra, estaría a 6 da salvación. Quedan 24 xornadas por diante.
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios