II MEMORIAL ANTONIO MARTINEZ CANOSA DE DOMINÓ

33

As Pontes acolle este sábado 20 a segunda edición do Memorial Antonio Martinez Canosa de dominó, que organiza o Club O Pito Doble en colaboración coa Federación Galega de Dominó.
O campionato comeza ás dez e media da amañá rematando a cuarta partida sobre as sete do serán (19,00). De seguido será a entrega de premios e despois a organización ten programado un magosto popular. A competición celebrarase nun coñecido restaurante da localidade pontesa.
Antes das 18,00 horas do xoves 18 hai que efectuar a inscrición chamando ós teléfonos 647.835.825 e 628.254.395. A cota de inscrición é de 50 euros por parella.
Por outra banda sinalar que o vindeiro sábado 27 celebrarse o II Open Concello de Cerdido, organizado pola institución municipal e o Club O Pito Doble.
Finalmente salientar que no campionato de España celebrado en Córdoba a primeiros deste mes de novembro, a parella pontesa formada por Arsenio Martinez e Eduardo González remataron no posto 31º de 197 parellas que acudiron de diversas localidades españolas (na foto disputando unha partida co que fora líder de Izquierda Unida, Julio Anguita). Alfonso Villasuso e José González, outra parella do club pontés clasificouse na 39ª posición. Galicia estivo representada por catro parellas, das que tres eran do Pito Doble.
C-Domino-Cordoba-2010.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios