FOTOS: SEIS FUTBOLISTAS DO CD AS PONTES ADESTRAN ESTE DÍAS COA SELECCIÓN COMARCAL DE FERROL

68

Como cada ano a selección comarcal de Ferrolterra prepara nestas fechas a súa participación no Trofeo Caixa Galicia, e como non, a prolífica canteira do Clube Deportivo As Pontes está presente con seis xogadores. O Trofeo Caixa Galicia estrena para esta tempada 2010-11 un novedoso formato de liguiña a doble volta que comezará o vindeiro mércores día 24 e rematará o 15 de Xuño. Serán en total 14 xornadas nas que os sete combinados, A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol se enfrontarán a doble partido entre eles.
Na selección Xuvenil Sub17 están presentes Alex Cabarcos Souto (17-12-1994) e Juan Prieto Criado (10-5-1994). Alex é un extremo esquerdo que tamén pode xogar de mediapunta, habilidoso e con bo toque de balón, Juan é un medio centro defensivo, de físico, brega e pundonor, un pulmón no medio campo. Ambos forman parte da xeneración do 94, Campións de Liga Comarcal Alevín en 2005 e Cadete en 2009. Tamén vai Javier Rodríguez Álvarez (18-4-1994), Javi naceu en Cerdido e é un dos reforzos para esta tempada do equipo xuvenil de Liga Nacional, é un dianteiro explosivo, rápido, con bo desmarque e moito olfato de gol. Xogou no Cebarca ata o 2009, e o ano pasado estivo no equipo cadete do Cedeira, co que gañou a Liga e marcou 62 goles.


1alexcabarcossouto.jpg

ALEX CABARCOS SOUTO

2juanprietocriado.jpg
JUAN PRIETO CRIADO

3javirodriguezalvarez.jpg
JAVI RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

Na selección Cadete Sub15 foi convocado o espigado dianteiro-extremo dereito David Rey Fraga (23-4-1997), dianteiro de últimos metros, veloz, que protexe moi ben o balón. Adestra coa selección cun ano menos, sendo aínda infantil de segundo ano. David é un dos representantes da maravillosa xeneración do 97, liderada por Enrique Fornos, que agora está no Deportivo da Coruña, Campións de Liga e Copa Alevín en 2009, e Liga Infantil en 2010.
4davidreyfraga.jpg
DAVID REY FRAGA

Por último, os máis noviños, na selección Alevín Sub12 están Andrés Pita Martínez (8-1-1999) e Xosé Pico Yáñez (30-17-1999). Andrés é un futbolista de gran planta, soe xogar atrás pero ten boas incorporacións ó ataque e moi bo remate, Josiño é un dianteiro áxil, rápido, con bo regate e que leva preto de 200 goles en catro temporadas. Forman parte da xeneración do 99, campións de Liga Comarcal Prebenxamín en 2007 e que actualmente lideran a Liga Alevín.
5andrespitamartinez.jpg
ANDRÉS PITA MARTÍNEZ

6josinopicoyanez.jpg
JOSIÑO PICO YÁÑEZ

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios