Kaiak-polo con Carlos Mieres

193

A pesar de ser máis coñecido pola súa faceta piraguistica, Carlos Mieres foi un excelente futbolista que pasou por tódalas categorías inferiores do antigo Endesa As Pontes, desde alevíns ata xuvenís. Era un centrocampista ofensivo e aportaba moitos goles ó equipo ó final de cada temporada. Mesmo chegou a xogar no primeiro equipo nunha das mellores épocas do cadro local. Tamén foi segundo do seu irmán Felipe cando este adestrou ó conxunto azul hai pouco tempo.
Xa dentro do mundo do Kaiak Polo, deporte no que aínda segue en activo, Carlos foi, entre outras cousas, 3 veces campión galego e 2 de España, chegando a ser varias veces internacional coa selección española xunto a Serafín Fontao, que disputou cinco Europeos e cinco mundiais, e o campión mundial sub21 como adestrador Roberto Rivera. Participou no Europeo de Madrid 2005, obtendo a cuarta plaza, a mellor da historia do Kaiak senior estatal, e tamén estivo en dous Mundiais, Xapón 2004 (séptima plaza) e Holanda 2006 (novena plaza). Estivo xunto a Iván Pena nos World Master Games disputados en Australia en 2009, os oficiosos “Xogos Olímpicos” para deportes minoritarios, nos que obtiveron a cuarta plaza. Actualmente adestra ó combinado sub21 español co que quedou 5º no último Mundial disputado hai dous meses en Italia. Para o ano que ven compiten no Europeo, en casa, en Madrid, e agardan loitar polas medallas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios