Borja Prieto Valera naceu en As Pontes en 1982. É outro dos grandes talentos piraguísticos xurdidos da gran factoría do Grupo Xuvenil Endesa, xunto a Arturo Torrente, Jose Ramón Corral, Antonio Polo, Daniel Feijoó e tantos outros moitos.
Borja é probablemente un dos deportistas ponteses con mellor palmarés. 10 veces campión galego, 9 de España, ademáis de 20 medallas en campionatos Galegos e 27 en campionatos de España. Saltou á fama sendo ben pequeno nun Campionato Galego no que sumou nada máis nin nada menos que catro medallas de ouro. Con grandes resultados na prestixiosa Regata Internacional de Bratislava, foi convocado para o Europeo Junior de Francia en 2000 onde acadou dous quintos postos. Sen embargo a súa mellor regata como piraguista produxose nos Campionatos de Europa sub23 celebrados en Poznan en 2004, cando, casualidades da vida, un 25 de Xullo, se proclamou xunto ó ilerdense Saúl Craviotto Rivero campión de Europa en K2, e 4º en K1. Desde o seu salto ó equipo absoluto é habitual nas seleccións españolas en citas mundialistas, europeas e tamén nos Xogos do Mediterráneo. As súas mellores regatas coa selección absoluta tiveron lugar no 2009, medalla de bronce no Campionato de Europa de Brandenburgo (Alemaña) na proba de relevos, e 4º clasificado no Mundial de Darmouth (Canadá) na proba do K4 200 metros. Esta tempada Borja entrou xunto a Emilio Llamedo, Rodrigo Germade e Diego Piña no proxecto K4 1000 metros da federación española de Piraguismo, un proxecto a largo plazo pra intentar clasificar á embarcación española pra as Olimpiadas do 2012. Con pouco tempo de adestramento e acoplamento xuntos, foron 10º no Europeo de Avilés e 14º no Mundial de Poznan. Sen embargo isto veuse compensado por un sensacional rendemento na Copa de España e no Campionato de España, competicións nas que Borja sumou cinco metais en cada unha delas, con un total de tres ouros.
Desde hai un ano compite no Piragua Madrid, onde ten o luxo de compartir equipo co campión olimpico Saúl Craviotto ou o campión mundial Jaime Acuña, entre outros, pero el confesa que ó equipo ó que lle debe todo, onde están os seus amigos, e o que sempre levará no seu corazón é o Grupo Xuvenil Endesa.
Novas
- Endesa prevé apagar para siempre la térmica de carbón gallega antes de julio
- Xunta y Concello de As Pontes dudan de la versión de Endesa sobre las pruebas
- Endesa cerrará la central de As Pontes por la inviabilidad del uso de biocombustibles
- Los trabajadores auxiliares de la térmica de Endesa reclaman el mantenimiento de sus puestos
- La vacuna del covid llega hoy a todos los geriátricos de la comarca
- Endesa As Pontes no pudo poner en marcha los cuatro grupos de carbón por falta de personal
- Siemens Gamesa cerrará la planta de As Somozas y despedirá a 215 trabajadores
- La ola de frío permite trabajar a dos de los grupos de Endesa
- As Pontes adjudica la escuela infantil A Barosa por 419.000 euros al año
- Endesa quiere quemar lodos en vez de carbón en As Pontes y la aboca a un ‘negro’ futuro sin fondos europeos
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios