PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: PIZARRAS T. CUÑADOS – O ESTEO FS (2-4)

36

O Esteo logrou unha vitoria moi traballada na casa do colista Pizarras T. Cuñados por 2-4. Uns cen espectadores no polideportivo municipal de Calabagueiros, do Barco de Valdeorras.
Con máis dificultades das previstas o Esteo acadou os tres puntos na cancha do pechacancelas Piazarras T.Cuñados. O triunfo dos ponteses estivo nunha boa defensa e perigosos contragolpes que crearon numerosas ocasións de gol, pero con pouco acerto de cara ó gol. Tras o gol inicial de Gerardo e o posterior empate dos locais chegouse ó descanso. Na segunda parte o dominio seguía sendo dos ponteses, que de novo se adiantan no marcador cun tanto de Anxo. Novamente empatan os locais e nos derradeiros dez minutos, Anxo, por segunda vez, e finalmente Fran establecen o definitivo resultado de dous a catro.
Non tivo a mesma sorte o outro representante da comarca, o Unidade de Fene, que perdeu na casa diante do Bueu (3-5). Finalmente sinalar que o partido da oitava xornada Cerdedo-Esteo, que fora suspendido polo mal estado da pista, xogarase o mércores, 8 de decembro, por decisión do Xuíz Único de Competición.


PIZARRAS T.CUÑADOS: Borja, Fernando, Bruno, Jesús, Óscar –cinco inicial- José, Novo, Alejandro e Marcos.
O ESTEO FS: Javichu, Pelu, Anxo, Gerardo, Fran –cinco inicial- Noé, Rubi, Diego e David.
ÁRBITROS: Suarez Blanco e Saa Mateo (Lugo). Tarxeta amarela a Fernando, Bruno, Javichu e Anxo.
GOLES: Min. 8 (0-1), Gerardo. Min. 12 (1-1), Óscar. Min. 22 (1-2), Anxo. Min. 26 (2-2), Bruno. Min. 32 (2-3), Anxo. Min. 37 (2-4), Fran.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios