Nota de prensa do BNG: O SENADO DEBATIRÁ MAÑÁ UNHA MOCIÓN DO BNG PARA QUE SE MODIFIQUE O DECRETO DO CARBÓN E SE EVITE O GRAVE IMPACTO NAS TÉRMICAS GALEGAS

29

Pérez Bouza tamén pede na súa iniciativa que se distribúa equitativamente entre todas as tecnoloxías a redución na produción que conlevará a cota reservada á produción con “carbón español”
Madrid, 2 Decembro 2010. A Comisión de Industria do Senado vai debater mañá xoves, día 2 de decembro, unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, que insta ao Goberno a modificar o Decreto do Carbón para evitar os graves efectos nas centrais térmicas galegas de As Pontes, Meirama e Sabón.
Ademáis, na súa iniciativa parlamentar, Pérez Bouza empraza ao Executivo a distribuir de xeito equitativo entre todas as tecnoloxías a redución na produción que conlevará a cota reservada á produción con “carbón español”, e non só entre as térmicas e as de ciclo combinado.
A sesión de Industria terá lugar ás 11.30 horas, e a moción do BNG figura en 5º lugar na orde do día; pode seguirse en directo por internet na seguinte dirección http://www.senado.es/cgi-bin/cgicanalsenado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios