O concello das Pontes continúa coa tala de árbores no barrio da Madalena

117

Tal e como informan hoxe no grupo creado no Facebook “En contra da eliminación de árbores na Madalena“, o concello das Pontes continúa coa tala indiscriminada de árbores nos xardíns deste barrio residencial das Pontes.
Parece ser que no día de onte varios operarios procederon a talar varias árbores ante a preplexidade dos veciños. Dende o grupo non entenden a xustificación do concello de proceder a retirar tódalas árbores por motivos de seguridade e saúde, pois afirman que as árbores lonxe de “molestar” fan unha laboura ambiental necesaria na zona, albergando numerosos paxaros que viven nas súas pólas ou constituindo unha barreira natural contra a forza do vento e a auga. Hai que sinalar ademais que moitas das especies prantadas teñen máis de 15 anos e están lonxe de ser consideradas especies a evitar en xardinería urbana.
Con este tipo de actuacións sobre os elementos naturais do concello, vese ben cal é a política de sostibilidade ambiental desta vila. “Abrir espazos” en urbanismo non quere dicir “arrasar con tódalas árbores”, hai que saber manter o equilibrio……..

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios