SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1

63

Meritorio empate do As Pontes ante as segundas clasificadas no partido disputado na tarde fría e chuviosa de hoxe no Campo Anexo do Poboado. Despois de máis de un mes as locais volvían a xogar en casa.
Chegaban as de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) como segundas con todos os seus partidos gañados agás o xogado a semana pasada contra o líder Orzán B (1-2). Por parte local baixas importantes como a Capitana (grande), Alba, Yaiza … pero moitas noviñas, Mireia e Lía titulares, e a ilusión intacta.
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1


Tras algunhas aproximacións do cadro visitante, pronto chegou o gol local, ós oiot minutos, Laura, enorme, inconmesurable todo o partido, coma en todos, bota unha falta desde lonxe moi ben lanzada por alto, a porteira visitante a pesar da súa envergadura so logra despexar o balón hacia atrás, e sobre a mesma liña de gol, e xa entrando, remata Silvia.
Pouco durou a alegría porque no minuto 20, tras un saque de falta Caty cabecea maxistralmente ó fondo das mallas.
De ahí ó descanso as visitantes amosaron, coa súa veteranía, o porque da súa clasificación na táboa, e no 32´ Ana tira ó poste, no 34´Vanessa tira unha falta ó longueiro, no 41´ gran parada de Leti nun man a man con Silviña. Polo As Pontes algunha ocasión desde fora da área, como non, Laura. Pero o marcador non se moveu e chegouse ó descanso con táboas no marcador.
No comezo da segunda metade as visitantes seguían presionando, pero o As Pontes seguíao a facer moi ben, en defensa, impecable Jani, Silvia, moi ben Mireia, Lara no medio de un lado pra outro.
Incluso nos derradeiros minutos e coa entrada das máis noviñas, Uxía, Andrea Pita, Cris Moirón e Sabela, tivo o As Pontes as súas opcións, estando moi activas Carlota e Clarita por bandas. A máis clara, no 80´, Sabela e Cris Moirón quedan soas ante a porteira visitante, pero o balón acaba fora.
O marcador non se moveu, e as locais consiguen un meritorio punto, e xa suman 12. A semana que ven reciben ó Silleda.
1 CD AS PONTES. Leti, Mireia, Silvia, Jani, Lara (Uxía 71´), Laura, Clara, Lía (Cris Moirón 53´), Carliña (Sabela 74´), Carlota, Chipy (Andrea Pita 71´).
1 VAL DO ULLA. Vicky, Ainnhoa, Caty, Ivanka (Marta 66´), Andrea, Raquel (Laura 89´), Lucía (Ingelmo 31´), Vanessa, Ana (Rocío 86´), Silviña, María (Aída 82´).
Campo e Incidencias: Campo Anexo de O Poboado. Uns 75 espectadores en tarde fría e chuviosa. Partido correspondente á primera xornada da segunda volta.
Árbitro: Serrano Naveiras (Ferrol).
Goles: 1-0, minuto 8, Silvia, 1-1, minuto 20, Caty.
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
CD AS PONTES 1 VAL DO ULLA 1
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios