PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – CONCELLO DE VILAMARTÍN (2-0)

28

Segunda vitoria consecutiva do Esteo FS contra o ata agora segundo clasificado, o Concello de Vilamartín, por dous goles a cero. Ó descanso o marcador era de empate a cero goles. Uns douscentos espectadores no pavillón municipal da Frag.
Temíase a visita do conxunto valdeorrés e a dicir verdade o Vilamartín xustificou a posición que ocupa na táboa clasificatoria. Amosou ser un equipo peleón e non lle puxo as cousas fáciles ós ponteses, que, aínda que controlaron o balón, non foron capaces de marcar ata a segunda parte, a pesar das ocasións de que dispuxeron nos primeiros vinte minutos. O segundo período foi un calco do primeiro, chegando o gol ós tres minutos por mediación de Rubi, quen novamente volve a marcar dez minutos despois nunha xogada semellante á anterior. Os visitantes tamén tiveron oportunidades para marcar, sobre todo en dous balóns que se foron ós paus da portería de Javichu.
Os ponteses xogan este mércores 8 na Estrada (18,00) contra o Cerdedo, en partido da oitava xornada que fora suspendido pola humidade da pista. De gañar o Esteo colocaríase na cuarta posición a catro puntos do primeiro.
Pola súa banda, o Begasucegsa-Unidade Fene perdeu pola mínima (2-1) en Vigo diante do novo líder, Mosteiro Bembrive, liderato que comparte co Trabada, que nesta xornada veuse sorprendido na casa polo Junquera (3-5).
esteovilamartin_1.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Anxo, Gerardo, Fran, Noé –cinco inicial- Rubi, Diego, David, Santi e Pellón.
CONCELLO DE VILAMARTÍN: Pepe, Leo, Ramón, David, Álex –cinco inicial- Manu, Diego e Jovito.
ÁRBITROS: Amor Vizoso e Pena Pereira. Amoestaron a Fran, Pellón e Ramón.
GOLES: Min. 23 (1-0), Rubi. Min. 33 (2-0), Rubi.
esteovilamartin_1.jpg
esteovilamartin_1.jpg
esteovilamartin_1.jpg
esteovilamartin_1.jpg
esteovilamartin_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios