PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL: CD AS PONTES B – NARÓN BP PIÑEIROS (3-3)

52

Nun campo totalmente embarrado, As Pontes B e Narón BP Piñeiros empataron a tres tantos en partido correspondente á décimo quinta xornada de liga da primeira autonómica xuvenil disputado no anexo do Poboado. Presenza de medio cento de espectadores nun partido no que houbo dous expulsados, un por cada bando, por dobre tarxeta amarela.
O partido foi de total dominio pontés diante dun Narón que se adiantou no marcador e posteriormente atopouse cun “regalo” arbitral nun penalti inexistente acurtando diferenzas antes de chegar ó descanso.
O segundo tempo foi de total dominio local, que logra o empate, pero posteriormente nun dos contados contragolpes do Narón os visitantes póñense de novo por diante. Sen embargo, o premio ó mellor xogo tiña que chegar e nos instantes finais do partido o As Pontes logrou o empate, un resultado que semella inxusto a tenor do xogo realizado polos dous equipos.
xubenilb_001.jpg


O As Pontes aliñou a Álex (Cristian), Diego, Rubén (Criado), Beto, Juan, Hugo, Santalla (Darío), Manu, Marcos (Jacobo), Isma (Simón) e Álex Cabarcos. Hugo, en dúas ocasións, e Juan foron os autores dos tantos ponteses. Mal arbitraxe do colexiado ferrolán, Cinza Seoane.
Tralos resultados de hoxe, vitoria a domicilio do Perlío (2-3) sobre o líder Ánimas e goleada do Portuarios sobre o Ortigueira (4-0), o As Pontes pasa a ocupar a quinta posición con 27 puntos. Primeiro é o Ánimas con 35 puntos, seguido do Perlío con 29 e Portuarios e Narón con 28 puntos cada un. Teñen un partido máis Ánimas e Narón. Na vindeira xornada os ponteses visitan ó colista Aspirantes.
A última hora cheganos a boa nova do empate do segundo equipo do As Pontes na casa do líder da Terceira Rexional Galicia de Caranza. Adiantaronse os ferroláns pero empatou Adrián Criado, e Iván convertiuse no héroe do encontro tras parar un penalti no último minuto e salvar un valioso punto. Lidera o Caranza con 25 puntos, Miño e San Mateo suman 24, por 23 dun As Pontes que este domingo recibe ó Moeche.
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
xubenilb_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios