RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA

40

Gran traxectoria a que leva o xuvenil B que esta mañá gañou 0-5 en Ferrol ó Aspirantes. Marcaron os goles Javi (2), Diego, Hugo e o recentemente fichado Santalla. Son terceiros con 30 puntos a 5 do Ánimas que hoxe volveu perder por segunda xornada consecutiva e a 2 dun Perlío en alza. A semana que ven xogan contra o San Pedro en casa.
Inmellorable a traxectoria do cadete de Iván Rodríguez. Onte gañaron en Mugardos 0-4, tantos de Tiny (2), Adrián e Dieguito. Son segundos a tres puntos do Caranza e catro por diante dun Meirás que vai terceiro e que a semana que ven visitará o Campo do Poboado nun interesante partido. Os cadetes teñen 9 partidos gañados por tan só dúas derrotas en Caranza (3-0) e O Val (3-1).
Moi ben o infantil de Marcos Roca, onte gañou 7-0 ó Portuarios, tantos de Alex Fernández (3), Nahúm (3) e Jose. Incluso fallou un penalti o cadro local. Siguen segundos con 25 puntos a dous do Narón, e a semana que vén reciben ó Galicia de Mugardos no comezo da segunda volta.
infantil_001.jpg


infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
Gran victoria do Alevín B que gañou 4-2 ó Galicia de Caranza B, con un hat trick de Bruno (foto) e un de Segio Otero. Son séptimos con 13 puntose a semana que vén xogan en Rápido ante o Neda.
alevin.jpg
alevin.jpg
alevin.jpg
alevin.jpg
alevin.jpg
Sensacional o Benxamín A que esta semana gañou na complicada casa do San Sadurniño nin máis nin menos que por 1-5, marcaron Jose (2), Anton P, Chema e Javi. Son terceiros con 21 puntos a 3 de Racing de Ferrol B e O Val B. Este sábado reciben ó Eume B.
O Benxamín B pola súa parte perdeu 0-3 co Portuarios. Son oitavos con 7 puntos e a semana que vén visitan Fene para enfrontarse ó Perlío.
benxamin.jpg.jpg
benxamin.jpg.jpg
benxamin.jpg.jpg
benxamin.jpg
benxamin.jpg
benxamin.jpg
Xenial o Prebenxamín A que gañou 0-5 en San Sadurniño, son quintos con 16 puntos e este sábado reciben ó Barallobre. Marcaron Joan, Isma, Sergio, Mario e Jandro.
No duelo de colistas, venceu o Ánimas ó Prebenxamín B, os máis noviños, nun duelo no que os de Ferrol impuxeronse por 0-4 e sumaron os seus tres primeiros puntos no casilleiro.
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
prebenxamin.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios