SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 0 SD SILLEDA 0

182

Empate do equipo local no partido disputado na mañá de hoxe ante o conxunto pontevedrés do Silleda que o ano pasado militou na Primeira Autonómica.
Ás baixas insustituibles da capitana e Alba hoxe sumouse o pulmón do medio campo, Lara, nada grave, novo turno para a guardería, hoxe xogaron dez menores.
Sen haber moitas ocasións na primeira metade dominaron as azuis, o equipo de Silleda estaba ben posicionado no campo. aínda así, nun gran tiro de Clara no 45´, a porteira rexeita, pero nin Cris nin Chipy en boca de gol consiguen marcar.
A mellor ocasión das locais na primeira metade foi como non para Laura, hoxe enorme outra vez, nun sensacional lanzamento de falta no 33´ mandou ó balón ó longueiro, casi á cruceta, moitas veces o fútbol non é xusto coas mellores.
femenino


Xa na segunda metade o dominio foi máis alterno e conforme pasaban os minutos as de Silleda, froito da súa veteranía e mellor forma física, foron adueñandose do balón, e anque a liña defensiva local estivo moi ben, Silvia, Jani e Mireia, contaron con algunha ocasión como a que a gran Leti tirandose parou a bocaxarro no 86´.
Agradeceuse que o colexiado pitara o final do encontro e terceiro empate consecutivo para as de Salido e Pita que suman 13 puntos e que si nestes días non disputan o partido aplazado ante o Tordoia descansarán ata o día 9 de Xaneiro cando xogarán co San Tirso no retorno da competición.
0 CD AS PONTES. Leti, Mireia, Silvia, Jani, Laura, Cris Moirón (Yaiza 58´), Clara, Lía (Uxía 58´), Chipy (Eloise 80´), Carlota, Carliña (Andrea C. 80´).
0 SILLEDA. Sandra, Belén, Noemí, Raquel (Laura F 85´), Caty, Aroa, Ana, Laura, Judith, Paula (Sabela 64´), Geni (Cristina 89´).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns 75 espectadores nunha boa mañá para xogar ó fútbol. Partido correspondente á segunda xornada da segunda volta.
Árbitro: Adrián González Franco (Ferrol). Amosou dúas amárelas ás visitantes.
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios