TERCEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 MOECHE 0

27

Sufridísima victoria do segundo equipo do As Pontes no partido xogado na tarde de hoxe no Campo do Poboado.
Os visitantes prantexaron un partido moi defensivo, e ó As Pontes costaballe moito crear ocasións. Na primeira metade destacar unha de Púas no 40´ que controla moi ben, pero falla ante o porteiro.
No segundo tempo, os visitantes recuaron aínda máis e o As Pontes foi a polo gol que lle outorgase a victoria.
No 55´ a piques estivo de marcar Fran e no 57´ marcou Púas en un gol mal anulado. Volveu ter unha ocasión Púas no 64´ pero paroulla o porteiro. No 70´ foi Fernando o que rozou o gol pero un defensa saca na mesma liña baixo paus.
Tanto vai o cántaro á fonte que no 71´ e tras saque de córner o traballador Junior cabecea e marca o gol que á postre sería definitivo.
aspontes-moeche


De ahí ó final os azuis dedicaronse a conservar a súa ventaxa, ben a liña defensiva, Alex, Fran, Mourín, aínda así puido marcar Borja en dúas ocasións, no 77´ de cabeza, e no 85´ tras un forte lanzamento de falta, que como non, marchou ó pau, e xa van moitos ó longo do ano no particular idilio que mantén Borja cos postes.
Acabou o partido e tres valiosos puntos para o casilleiro do segundo equipo do As Pontes que é terceiro con 26 puntos, a un do Miño e dous do Caranza. Interesante partido contra o cuarto clasificado, San Mateo, o próximo fin de semana en As Pontes.
Calpita aliñou a Iván, Antón (Hugo 45´), Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín, Junior, Danilo (Fernando 45´), Borja, Adrián Criado e Púas (Amady 82´).
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
aspontes-moeche
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios