A NÉBOA AMARELA: THE PRESENTEIXON!

222

Hoxe venres ás 10 da noite, no Bar Dreams das Pontes, o escritor e veciño da Vila César Candelas presentará a súa obra A NÉBOA AMARELA, da que é coautor Rubén Ruibal, quen tamén participará no acto, bautizado por eles mesmos como THE PRESENTEIXON! Os autores estarán acompañados polo poeta Suso Pensado, gañador no ano 2004 do Premio de poesía Uxío Novoneyra convocado polo Concello da nosa vila, que tentará exercer de mestre de cerimonia.
Nesta THE PRESENTEIXON! o actor, músico e axitador Roberto Casteleiro protagonizará xunto con Rubén Ruibal as lecturas (des)dramatizadas do texto, mentres que a BLACK DIAMOND BAND (formada por Jenel, Moreno, Vituko e De la Highway 61) poñerán a música en directo.
Partindo da premisa de que Bob Dylan foi secuestrado onte mesmo, THE PRESENTEIXON! carece de fío condutor e de sentido, mesturando a obra presentada, cancións e vídeos nun espectáculo que, garanten os autores, será breve. E xa é moito garantir.
neboa_amarela.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios