SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 2 TORDOIA 1

31

Victoria do As Pontes feminino ante o Tordoia por 2 goles a 1 no partido aplazado, correspondente á décima xornada, xogado hoxe no Campo Anexo do Poboado nunha das tarde máis frías que se recordan.
Rápidamente puido marcar Chipy ós dous minutos, pero hoxe foi o día de Yaiza, a multiusos da galega, marcou no 23´ tras regatear á porteira e marcar con calma, paciencia e suspense. No 43´ fixo un tanto digno de Primeira División, picando o balón ante a saida da gardameta rival. Marcou incluso un terceiro, que foi anulado por presunta falta. Tamén tiveron boas ocasións na primeira metade Jani e Carlota. Tamén tiveron unha boa ó principio as visitantes que sacou a gran Leti como puido.
A segunda metade comezaba mal, o catro por catro Laura lesionabase, non semella de gravidade, por si fora pouco ter lesionadas a Patri, Alba e Lara. Chegaron os cambios e o turno das máis noviñas, e no 67´ acurtaba distancias o cadro visitante cun tiro ben colocado dende fora da área ó que non puido chegar Leti, gol de María, a mellor das visitantes. Cris Moirón estivo a piques no 79´.
Pero como a can fraco todo son pulgas, xa feitos os cambios, lesionouse Clara, outro lance que ó final quedou en un susto, pero o equipo estivo ata o remate con unha menos, outra vez moi ben a defensa, Jani, Yaiza que vale para todo, Silvia de un lado pra outro e unha xenial Mireia que calquera diría que ten 13 anos, os puntos quedaron en casa e o As Pontes cerra o 2010 na sexta posición con 4 victorias, 4 empates e 4 derrotas. O primeiro encontro do 2010, a domicilio, en Coruña contra o San Tirso, o día 9 de xaneiro.
femenino_01.jpg


CD As Pontes 2. Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Mireia, Laura (Cris Moirón 54´), Clara, Lía (Janira 54) , Chipy (Sabela 66´), Carlota, Carliña (Andrea Pita 62´)
Tordoia 1. Tania, Ana, Alicia, Irene, Leticia, Cristel (Lara), Laura, María, Rocío (María Cruz), Marta, Miriam.
Goles: 1-0, Yaiza (23´), 2-0, Yaiza (43´), 2-1, María (67´).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns 50 espectadores, en tarde soleada pero fría a máis non poder.
Árbitra: Raquel Ortega (Ferrol).
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios