TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 0 RACING VILALBÉS 1

59

Malo está sendo o remate de ano para o As Pontes. Despois da derrota, 7-0 en Bouzas, hoxe perdeu na casa no último minuto ante o Racing Vilalbés.
Nun partido moi disputado pola cercanía de ambas localidades, a primeira gran ocasión do partido foi pra o ex xogador do xuvenil de División de Honra pontés, o nixeriano Oladipo Oladapo, pero cando ía o balón á escadra Kiko despexa maxistralmente (10´). Respostou Iván González no 24´ noutro bo disparo que tamén salvou in extremis Jose Ángel a córner. No 37´ tira Adrián en boca de gol e rexeita Hugo e no 39´ un cabezazo de Schuster é sacado baixo paus. Foise ó descanso con táboas no marcador.
Nos primeiros minutos do segundo tempo dominou o Vilalbés, sen grandes ocasións, a máis clara de Adrián no 75´que volveu a rexeitar a defensa local. Sen embargo nos últimos minutos foi o cadro azul o que tivo tres boas ocasións, Jordi (79´), Dani (80´) e Iván González (85´) que volveu a mandar alto por pouco.
Sen embargo os visitantes non se renderon, por algo son o equipo de Terceira que máis puntos sumou a domicilio ata o de agora, e no 92´ ó público pontés quedou áinda máis xeado do que estaba cando tras un centro desde a esquerda o recién entrado Vicente cabeceaba a gol outorgando os tres puntos ós de Vilalba.
Un golpe de fortuna para uns, de mala sorte para outros, que sitúa ó Vilalbés cuarto con 27 puntos e ó As Pontes noveno con 22. Este mércores reencontranse os dous equipos ascendidos o ano pasado, Mesón do Bento e As Pontes e os azuis intentarán despedir o ano con bo sabor de boca e sobre todo encarar o 2011 algo máis aliviados na táboa clasificatoria.
terceira_01.jpg


0 CD AS PONTES. Kiko, Moncho, Juan, Rochela, Diego, Schuster, Iván Gonzalez, David Vidal, Hugo Soto, Dani e Jordi.
1 RACING VILALBÉS. Jose Ángel, Pillado, Borja, Roberto, Germán, Dapo, Pablo Vivero, Omar (Vicente 83´), Dani (Nico 69´), Justino (Make 89), Adrián.
Goles: 0-1, Vicente (minuto 92).
Árbitro: Rodriguez Campos (A Coruña). Auxiliado por Carreira e Cousillas. Amonestou a Dapo, Nico, Vivero, Dani, Justino, Rochela e Vidal
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 250 espectadores, moitos visitantes, nuns dos días máis fríos que se recordan en As Pontes.
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios