PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – CONCELLO DE TRABADA (6-4)

59

O encontro entre ponteses e lugueses tivo unha parte para cada equipo. Nos primeiros vinte minutos a iniciativa correspondeu ós visitantes, que ó primeiro minuto de xogo logran adiantarse no marcador nun penalti transformado polo seu goleador Borja, autor de tres tantos. Nos minutos finais deste primeiro tempo o Esteo comezou a facer o seu xogo e empatan o encontro por obra de Rubi. A segunda parte foi de total dominio dos locais, que nos dous primeiros minutos póñense con 3-1 con dous goles de Fran. Os visitantes sufrirían a expulsión do seu porteiro con vermella directa, pero o Esteo non soubo aproveitar a superioridade numérica nos dous minutos. Santi, en dúas ocasións, e Borja para os visitantes puxeron o marcador en 5-2. O Trabada saca porteiro-xogador e acurta diferenzas ata un perigoso 5-4. Sen embargo, cando o partido estaba a piques de rematar, o porteiro pontés, Javichu, colle un balón e dende a súa área marca o sexto gol local establecendo o definitivo 6-4, que fixo xustiza ó mellor xogo dos locais. O Este colócase en terceira posición a catro puntos do Bembrive e a dous do Vilamartín.
Pola súa banda, o Begasucegsa-Unidade de Fene perdeu na súa pista ante o Ribeira de Piquín por catro goles a cinco (4-5). A liga paralízase ata o 8 de xaneiro de 2011, na que o Esteo xoga en Bueu e o Begasucegsa-Unidade Fene volve a xogar na casa ante o Vilamartín.
Esteo


Diante o conxunto lugués do Concello de Trabada o Esteo sumou a quinta vitoria consecutiva (6-4). Uns 250 espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Anxo, Santi, David e Pelu.
CONCELLO DE TRABADA: Maelo, Bruno, Borja, Víctor, Mario –cinco inicial- Antón, Adrián, Álex e Pulido..
ÁRBITROS: Tojo Ferro e Varela Señaris (Santiago). Expulsaron con vermella directa ó porteiro visitante Maelo e foron amoestados con tarxeta amarela, Javichu, Gerardo, Noé e Rubi.
GOLES: Min. 1 (0-1), Borja (penalti). Min. 16 (1-1), Rubi. Min. 21 (2-1), Fran. Min. 22 (3-1), Fran. Min. 27 (4-1), Santi. Min. 28 (4-2), Borja. Min. 29 (5-2), Santi. Min. 36 (5-3), Adrián. Min. 37 (5-4), Borja. Min. 19’42” (6-4), Javichu.
Esteo
Esteo
Esteo
Esteo
Esteo
Esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios