Tala de árbores na Madalena: Búscase xente

55

Como xa sabedes, continúan a cortar as árbores no barrio pontés da Madalena, razón pola que o grupo de Facebook “En contra da eliminación de árbores na Madalena” está a buscar xente que teña tempo, ganas e disposición para levar a cabo unha reunión co Concello.
A idea é que escoiten o que os veciños teñen que dicir ao respecto da tala de árbores que se está levando a cabo no barrio dende fai unhos meses, sen que se lles teña explicado nada aos principais afectados, que os representantes políticos falen claramente sobre o asunto e se chegue a unha solución a este problema.
Se estades interesados en axudar, podedes poñervos en contacto coa administradora do grupo a través da rede social Facebook, dende a páxina do propio grupo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios