O CD AS PONTES XOGA UN AMIGABLE DE FÚTBOL SALA NO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

40

CD-As-Pontes-2002.pngEste mércores, 5 de xaneiro, o Club Deportivo As Pontes disputa un partido amigable de fútbol sala no polideportivo do Centro Penitenciario de Teixeiro contra unha selección da liga do propio penal e dentro das actividades que organizan de cara ó exterior.
Para este inusual choque, que comeza ás once da mañá (11,00), o adestrador pontés despraza ó porteiro do filial, Iván Parapar e os xogadores de campo, Rochela, David Amado, Moncho, David Vidal, Diego Piñeiro, Hugo Soto, Boo, Bossa, Rivas, Carba e Juan.
O Club pontés, que aceptou de bo agrado esta invitación, entregará ó mencionado centro penal de Teixeiro (Curtis) un banderín do club, unha camiseta co logotipo do cincuenta aniversario do seu ingreso na federación de fútbol e media ducia de balóns.
Por outra banda, sinalar que o próximo partido de liga contra o Pontevedra B, a disputar no Poboado o vindeiro domingo 9 comezará ás catro e media da tarde (16,30). Lembrar que no partido da primeira volta o conxunto granate gañou por un claro 3-1 ó cadro das Pontes.


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios