XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – VICTORIA (0-0)

38

As Pontes e Victoria repartíronse os puntos ó empatar a cero goles en partido da liga nacional disputado esta tarde no campo “José” do Poboado, que se atopaba moi embarrado, nunha tarde fría e coa presenza dun cento de espectadores.
O encontro estivo moi disputado, cunha primeira parte a favor dos visitantes, cuartos clasificados, que tiveron algunha ocasión para marcar. A segunda metade comezou con dúas claras ocasións para o Victoria que desbaratou o meta Julián, que tivo unha boa actuación ó longo dos noventa minutos. A partir de ahí a iniciativa pasou ó As Pontes, que creou varias ocasións claras para haber inaugurado o marcador. A primeira sería nun lanzamento de Marcos que se foi alto. Posteriormente, no minuto 77, un cabezazo de Abeás foi salvado in extremis por un defensor coruñés. Un par de minutos despois os visitantes reclamaron un inexistente gol na portería local despois dun rexeite de Julián, e xa no tempo de desconto, Juan desperdiciou unha boa ocasión para levarse os tres puntos en xogo.
Polos azuis xogaron Julián, Gogas (Juan, 78), Isma, Toti, Guille (Manu, 84), Juancito, Álex, Chungui (Abeás, 61), Marcos (Javi, 85), Xavi e Dani.
O As Pontes é 14º con 16 puntos e a semana que vén os de Carballo disputarán un choque importantísimo en terras olívicas ante o penúltimo clasificado, o Colexio Hogar San Roque. Con este encontro rematará a primeira volta.
xuvenil_01.jpg


xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios